Hoxe o FEGA publicou os importes unitarios provisionais das axudas do Ministerio solicitadas en base a estimacións previas. Unha marxe de erro de até un 28% evidencia eivas nos cálculos e pon inda máis en risco a situación económica das nosas granxas
Na era da dixitalización, a Consellaría do Medio Rural négase a comunicar incidencias que son penalizadas na PAC
Esixen que as persoas solicitantes estean pendentes de entrar periodicamente nunha aplicación para saber se hai notificacións
Organizacións da CEVC, entre as que se atopa o SLG-CCLL, visibilízanse durante o cumio de ministros/as de agricultura da UE do 3 ao 5 de setembro
O 14 de xullo, durante a Conferencia Sectorial de Política Agraria Común coas conselleiras e conselleiros de Agricultura das 17 comunidades autónomas, o ministro presentaba en Madrid a Proposta de Acordo para a elaboración do plano estratéxico da Política Agraria Común. Mentres o conselleiro, José González, celebraba a "boa sintonía", o ministro aproveitaba para lanzar unha serie de slogans sobre a natureza "igualitaria", "xusta" ou "ecolóxica" da PAC, que se desmenten a pouco que se afonde nos desenvolvementos concretos desta.
O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) que apoiou coa súa presenza, o 14 de xuño, a manifestación de Lisboa en demanda dunha nova Política Agraria Común (PAC) feita atendendo aos intereses dos labregos e das labregas, á soberanía alimentaria dos pobos de Europa e que deixe de marxinar a Galiza. Tamén estiveron delegacións do Sindicato de Obreiros e Obreiras do Campo de Andalucía (SOC), COAG, EHNE Bizkaia, Confédération Paysanne e, por suposto, contamos coa acollida da Confederação Nacional de Agricultura (CNA).
O 14 de abril tivo lugar a reunión do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza, do que o Sindicato Labrego Galego forma parte. Nesta xuntanza, a Consellería de Medio Rural propuxo unha modificación importante do PDR: a prórroga para o período 2021-2022 e a incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación da UE (EURI) ao PDR.
O ministro de Agricultura, Luís Planas, mantivo, o 15 de xaneiro, un encontro con representantes do agro galego entre os que se atopaba a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane. A reunión tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago e a ela acudiron, entre outras persoas, o conselleiro de Medio Rural, José González; o director xeral de Producións e Mercados Agrarios, Fernado Miranda; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; e representantes doutras organizacións e cooperativas agrarias.
Esta semana, o Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da UE chegaba a un acordo en Bruxelas para a nova Política Agraria Común (PAC). A PAC acordada segue a ser unha PAC na que uns poucos ingresarán millóns e a gran maioría repartirá migallas ou quedará sen nada. Galiza é unha das grandes marxinadas no Estado da PAC, xa que o Ministerio de Agricultura aposta por favorecer modelos agrícolas do sur fronte á nosa realidade. Por iso, reunímonos con todos os partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia e fixemos unha chamada de atención aos eurodeputados galegos para que promovan unha PAC que respecte os intereses de Galiza.
O Sindicato Labrego Galego, en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) vén de enviar unha carta dirixida aos tres representantes da Galiza no Parlamento Europeo para que defendan os intereses das pequenas e medianas explotacións labregas na reforma da Política Agraria Común (PAC) que se está a negociar en Bruxelas. A misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas, membro do Comité Coordinador da ECVC, envióuselle a Ana Miranda (BNG), Francisco José Millán Mon (Partido Popular) e Nicolás González Casares (PSOE), e di o seguinte:
Xornadas online, celebradas o 17 e 18 de setembro de 2020 e enmarcadas no Bond Project da Comisión Europea, nas que se analiza e debate sobre a normativa hixiénico-sanitaria que regula este sector no Estado español dende 2006. Este marco normativo supón un atranco para os proxectos de produción alimentaria labrega e artesanal que cómpre mudar para non expulsalos do mercado. Esta foi a primeira das xornadas celebradas, vía on-line, coa participación de persoas expertas e representantes de organizacións sociais de todo o Estado.De seguido, compartimos contigo os contidos da primeira xornada:
A semana que vén, o 17 e o 18 de setembro, o Programa Europeo BOND celebrará unha dobre xornada online para analizar e debater ao redor da normativa hixiénico-sanitaria que rexe no Estado español e que foi aprobada en 2006. Este marco normativo supón un auténtico atranco para os proxectos de produción alimentaria labrega e artesanal que cómpre mudar para non expulsalos do mercado.Se che interesa, podes descargar o programa (en castelán) na icona que atoparás no remate desta páxina ou inscribirte a través do código QR ou do enlace que atoparás no cartaz.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un documento no que interpela a Medio Rural acerca de varias cuestións e deficiencias detectadas no informe anual de execución do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (PDR) correspondente ao ano 2019.
O acordo alcanzado onte entre os Xefes de Estado e de Goberno para orzamento da PAC no período 2021-2027, é realmente malo para as explotacións galegas e as implicacións na Política Agrícola Común van máis alá da diminución dos fondos.
Con ser moi malo o recorte de fondos, desde o Sindicato Labrego Galego pensamos que pode ser moito peor para Galiza o resto das cuestións referidas á PAC que se reflicten no acordo. Non deixa de ser curioso que uns poucos aspectos reflectidos no acordo poidan ter tal influenza no que vai ser a PAC a partir do 2023 e incluso antes.
O pasado 20 de maio, a Comisión Europea publicou dous documentos nos que xa veñen as directrices das políticas agrarias europeas para os vindeiros dez anos: o programa “Da granxa á mesa” e Biodiversidade Horizonte 2030. Lida por riba, a estratexia “Do campo á mesa” soa moi ben, inclúe moitas iniciativas e finalidades que, aparentemente, deberían ser positivas para o campo e para a sociedade no seu conxunto. Pero a pouco que indaguemos, vemos que non é ouro todo o que reloce.
[Comunicado de La Vía Campesina] Este 17 de abril de 2020, Día Internacional das Loitas Labregas, camiñamos cara á memoria de Eldorado dos Carajás e contra toda impunidade, esiximos reformas estruturais dos sistemas agroalimentarios a nivel mundial; a crise do Covid19 estanos amosando que o tempo é agora.