A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. O SLG denuncia a vulneración da Lei de Protección de Datos pola Xunta no trámite da tarxeta de familia numerosa

O SLG denuncia a vulneración da Lei de Protección de Datos pola Xunta no trámite da tarxeta de familia numerosa

16 de Abril do 2021

Carné familia numerosa

No Sindicato Labrego Galego estamos a recibir queixas de familias afiliadas diante do claro uso interesado que a Consellaría de Política Social está a facer dun servizo público como a tarxeta de familia numerosa para lucro de dúas empresas privadas: Abanca e Gadisa.

En efecto, no propio impreso que cómpre encher obrigatoriamente para solicitar as tarxetas do carné familiar, existe un apartado que di, textualmente: “As persoas asinantes quedan informadas e AUTORIZAN o tratamento dos datos que ABANCA e GADISA, entidades colaboradoras no programa, requiren co obxectivo de emitir as tarxetas e de comunicar as ofertas e as vantaxes do carné familiar”.

Dende o equipo xurídico do SLG salientan que esta esixencia vulnera a Lei de Protección de Datos, xa que non informan axeitadamente do uso que se vai facer dos datos persoais nin se dá a opción -obrigatoria por lei- de non autorizar a súa cesión ou o seu uso por terceiros.
A Consellaría de Política Social debe explicar en que consiste a colaboración destas empresas do programa, aclarando se lles paga algo a maiores e o destino nosos datos obtidos de maneira presuntamente ilícita ou, cando menos, enganosa. Por iso, e mentres non aclare todo isto, dende o Sindicato Labrego Galego esiximos da Consellaría de Política Social a retirada inmediata deste requisito ilegal á hora de solicitar un servizo público como o carné de familia numerosa. A maiores, Política Social debe reformular a tarxeta de familia numerosa como un servizo exclusivamente público, retirando da súa xestión o patrocinio de calquera empresa privada, sexa Abanca, sexa Gadisa, ou sexa outra calquera.

Impreso carné familia numerosa