A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. Produtoras/es da Limia propoñen en Xinzo 20 medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

Produtoras/es da Limia propoñen en Xinzo 20 medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

22 de Marzo do 2022

mani xinzo

 Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.

Produtoras e produtores da comarca secundaron na mañá de hoxe a concentración convocada pola Asociación de productores da pataca, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, a Federación rural Galega, Unións Agrarias e a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) na Praza Carlos Casares de Xinzo, para demandar ao Goberno galego e estatal medidas inmediatas que freen o impacto da actual suba de custos no sector produtor.

Se ben, subliñaron, a situación da crise do medio rural non é de agora, senón que vén dada polas políticas dos derradeiros 40 anos, o salvaxe incremento de custos de produción dos últimos meses agravou as numerosas dificultades que xa viñan enfrontando as explotacións agrogandeiras.

As organizacións convocantes instaron a mudar o actual modelo, dependente da especulación de mercado e insumos do exterior, ao tempo que presentaron unha batería de 20 medidas concretas a activar pola Xunta de Galicia e o Goberno estatal para comezar a frear a embestida de custos contra o sector agropecuario.

 

  1. UN GASÓLEO PROFESIONAL LIBRE DE IMPOSTOS PARA AS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS E GANDEIRAS.

  2. FLEXIBILIZACIÓN DA PAC NESTA CAMPAÑA PARA QUE SE POIDAN SEMENTAR OS BARBEITOS CO FIN DE PALIAR A ESCASEZ DE CEREAIS.

  3. BÚSQUEDA DUN MECANISMO PARA ADIANTAR OS PAGOS DA PAC UNHA VEZ FEITA A SOLICITUDE SEN NINGÚN TIPO DE GRAVAMEN QUE AS AGRICULTORAS E AGRICULTORES E AS GANDEIRAS E GANDEIROS TEÑAN LIQUIDEZ.

  4. FLEXIBILIZAR OS ECOESQUEMAS PARA A PAC 2023.

  5. BONIFICACIÓN DOS INTERESES DOS INTERESES E MORATORIA POLO MENOS DE DOUS ANOS NOS PRÉSTAMOS DAS EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS.

  6. REDUCIÓN DE MODULO ACORDE CA SUBA DE CUSTES DE PRODUCIÓN A TODAS AS ACTIVIDADES AGROGANDEIRAS

  7. INCREMENTO DO PORCENTAXE DOS GASTOS DE DIFÍCIL XUSTIFICACIÓN NO RÉXIME DE ESTIMACIÓN DIRECTA PARA O ANO 2021, POLO MENOS DO 15%.

  8. CONDONACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL DOS AGROGANDEIROS TANTO POR CONTA PROPIA COMO POR CONTA ALLEA DURANTE UN ANO.

  9. ESTABLECEMENTO DUN COEFICIENTE REDUTOR PARA OS GASTOS DERIVADOS DOS PENSOS, PLÁSTICOS E FERTILIZANTES.

  10. INCREMENTO DO APOIO DOS FONDOS NEXT GENERATION para que cheguen a proxectos sostibles da produción primaria.

  11. CONSTRUCIÓN DUNHA PLANTA DE RECOLLIDA DE RESIDUOS AGRARIOS E PLANTA DE COMPOSTAXE.

  12. HABILITAR UNHA LIÑA ESPECÍFICA PARA O ACONDICIONAMENTO DOS ALMACÉNS DA PATACA.

  13. APLICACIÓN REAL DA LEI DA CADEA ALIMENTARIA. OS PREZOS TEÑEN QUE INTEGRAR AS SUBAS DOS CUSTOS.

  14. BONIFICACIÓN DA ENERXÍA NAS COMUNIDADES DE REGANTES E NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS.

  15. REDUCIR AS AUTORIZACIÓNS DE FORESTAR TERRAS AGRARIAS E AUTORIZAR OS CAMBIOS DE USO FORESTAL A AGRÍCOLA PARA ATENDER AS DEMANDAS DE TERRA E PREMIAR OS CULTIVOS FORRAXEIROS, VEXETAIS, CEREAL…

  16. FACILITAR A PRODUCIÓN EN TERRAS DE ABANDONO

  17. CONTROLAR QUE AS IMPORTACIÓNS CUMPREN AS NORMAS VIXENTES NA UNIÓN EUROPEA.

  18. INCREMENTAR A POSTA DEFINIDA PARA POTENCIAR A PATACA E O CEREAL DA LIMIA A TRAVÉS DOS CONSELLOS REGULADORES.

  19. ACTIVAR MECANISMOS DE DIALOGO PARA BUSCAR SOLUCIÓNS CONXUNTAS E ACTIVAR AS DINÁMICAS DE PRODUCIÓN E NON DEPENDER TANTO DA IMPORTACIÓN.

  20. FOMENTAR OS MERCADOS LOCAIS PARA A VENTA DE PRODUTO DE PROXIMIDADE E FOMENTANDO O AUTOABASTECEMENTO.