A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2016

Outras: 2016

  1. Esiximos concreción das propostas realizadas polo Ministerio para atender as demandas do sector primario

    PropostasMinisterio280224- 4 de Marzo do 2024 · 

    Mañá terá lugar unha segunda xuntanza co Ministro de Agricultura para xestionar as reivindicacións das organizacións agrarias. Saudamos a retirada da obriga do caderno dixital, pero advertimos inconcreción no cumprimento da Lei da Cadea

  2. Curso de Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno VILALBA - (12 horas)

    Non hai imaxe 27 de Febreiro do 2024 · 
    Curso de #Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno #VILALBA (12 horas), os días 9 de marzo e 7 de setembro, no horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Lugar: Escola de Nete Parroquia de #Nete. Datos de contacto e información: Tlf: 982 512 431 e vilalba@sindicatolabrego.gal Data límite de inscrición: 7 de marzo. Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)
  3. O SLG participará na gran manifestación estatal convocada para o luns 26 en Madrid con motivo do Consello de Ministros da UE

    CARTAZ 26F 22 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL habilitará autobuses para asistir á manifestación. As reservas realízanse contactando cos locais do Sindicato Labrego. Reivindicamos as medidas demandadas ás administracións públicas nas mobilizacións do pasado martes 20 de febreiro

  4. A instancias do SLG-CCLL a Valedora demanda á Consellaría activar medidas para a correcta tramitación da Dependencia e Discapacidade

    Marga SLG 22 de Febreiro do 2024 · 

    A Valedora confirma a persistencia de atrasos nas valoracións das persoas solicitantes de Dependencia e Discapacidade. A Consellaría leva anos sen cumprir os prazos estipulados por Lei, ao non dotar de medios suficientes este servizo esencial

  5. Mobilizacións conxuntas 20F: NA DEFENSA DO AGRO GALEGO

    aCORU 20 de Febreiro do 2024 · 

    Manifestacións e tractoradas en Lugo, Ourense, A Coruña, Compostela, Lalín, Ortigueira, Vimianzo, A Gudiña e Pedrafita. Entre as demandas: prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

  6. Mobilizacións agrarias conxuntas o vindeiro martes 20F en toda Galiza

    Ana160224-2 16 de Febreiro do 2024 · 

    Entre as demandas: prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria. Trasladamos ao Delegado do Goberno unha táboa reivindicativa común e insistimos na necesidade de protexer o sector primario

  7. 18F: Unha oportunidade para as políticas públicas que garantan alimentos saudables e rendas dignas

    Acto público 14 de febreiro 14 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL presentou publicamente as súas propostas en políticas alimentarias ás candidatas/os á presidencia da Xunta. Cómpre transitar cara ao modelo agroecolóxico e reivindicar que a alimentación é un dereito das persoas, non unha mercadoría

  8. 18F: Unha oportunidade para mudar as políticas agroalimentarias galegas

    18F_pRESENTACIÓN 12 de Febreiro do 2024 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentará ás candidatas/os á presidencia da Xunta as súas propostas políticas. Acto aberto á cidadanía este MÉRCORES 14 de febreiro, ás 11.30h., na Praza do Toural en Santiago de Compostela

  9. A DN do SLG-CCLL acorda acción conxunta, achegar o modelo labrego á sociedade e trasladar propostas aos partidos políticos

    LEMA 8 de Febreiro do 2024 · 

    As medidas que precisa o agro son garantir prezos e transitar cara a un modelo agroecolóxico que coide das persoas e do medio. Participaremos en mobilizacións con outras organizacións agrarias baixo consenso dunha táboa reivindicativa común.

  10. Denunciamos a grave desatención padecida polas persoas dependentes e as súas coidadoras na Galiza

    rDP DEPENDENCIA 8 de Febreiro do 2024 · 

    As mulleres asumen case a totalidade dos coidados das persoas dependentes, sobrecarga que se complica no medio rural. Máis do 30% das persoas que abandonan as listas de agarda é por falecemento, e o SAF está a piques de colapsar

  11. AS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS GALEGAS CONSENSÚAN REIVINDICACIÓNS DE CARA ÁS PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS

    logo 5 de Febreiro do 2024 · 

    Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Asociación Agraria de Galicia irán da man na defensa dos intereses das persoas agricultoras e gandeiras galegas

  12. O 4 de febreiro todas e todos a Compostela na defensa da Sanidade Pública

    4fsossanidadepública 1 de Febreiro do 2024 · 

    Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPÉN), Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Traballadores de Residencias de Galicia (TREGA) e Vellez Digna (Asociación de Familiares e Usuarios de Residencias) secundamos a convocatoria realizada por SOS Sanidade Pública e animamos á cidadanía galega a manifestarse este domingo en Santiago de Compostela. Esiximos unha atención á saúde digna tamén no rural.

  13. Curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria en Curtis

    Non hai imaxe 29 de Xaneiro do 2024 · 

    Curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria en Curtis (15 horas de duración), os días 8, 15, 22, 29 de febreiro e 7 de marzo, no horario de 15h a 18h, na Cooperativa CUSOVIAME. Data límite de inscrición: 5 de febreiro. Para máis información contactar co número 981 789 781 e/ou enderezo electrónico slg.sandrateixeiro@mundo-r.com. Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)

  14. INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  15. INCORPORACIÓN DE NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  16. INVESTIMENTOS VINCULADOS Á ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E AO USO EFICIENTE DOS RECURSOS NATURAIS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  17. INVESTIMENTOS EN MODERNIZACIÓN E/OU MELLORA DAS GRANXAS

    Icono SLG Informa 23 de Xaneiro do 2024 · 

    Queres incorporarte a algunha actividade agraria ou gandeira? INCORPÓRATE CON NÓS! Pasa canto antes polo teu local do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas para realizar a tramitación (antes do 23/03/2024). Máis información: connos@sindicatolabrego.gal e/ou 604 026 536 (podes descargar as bases no pdf ao final da páxina)

  18. Multitudinario acto de celebración do 50 aniversario do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas en Vilalba

    50aniversariovilalba 11 de Decembro do 2023 · 

    Máis de medio cento de persoas afiliadas e simpatizantes compartiron unha emocionante xornada de lembranzas e fortalecemento do compromiso ca loita labrega. Unha exposición de 74 paneis achegou un percorrido histórico centrado nas loitas sociais e actividade sindical da Terra Chá

  19. O Sindicato Labrego, unha das organizacións fundadoras de LVC, presente na súa VIII Conferencia Internacional en Colombia

    Isa e Sonia 8 de Decembro do 2023 · 

    Neste oitavo encontro, iniciado en Bogotá o 3 de decembro, reuníronse medio milleiro de delegadas de todo o mundo. Isabel Vilalba e Sonia Vidal participaron na VI Asemblea de Mulleres e Brais Álvarez na V Asemblea da Mocidade de LVC

  20. Denunciamos a neglixencia continuada da Xunta na xestión do servizo de atención ás persoas dependentes

    Margarida Prieto 5 de Decembro do 2023 · 

    Segundo o Observatorio da Dependencia, o 35% das persoas que abandonaron a lista foi por falecemento, non por acceso a servizo. Galiza é a comunidade autónoma onde unha menor porcentaxe de persoas potencialmente dependentes solicita este servizo

  21. A Xustiza declara nulo o despido da traballadora da Residencia de maiores do Asilo de Vilalba, e obriga a readmitila

    RdPSentenzaAsiloVilalba 29 de Novembro do 2023 · 

    A sentenza, do Xulgado do Social n.º 1 de Lugo, coida acreditada a vulneración de dereitos fundamentais da traballadora e fixa unha indemnización de 7501 euros «por danos morais»

  22. O SLG-CCLL reclamará as cotas da SS cobradas ás persoas labregas que estiveron de baixa máis de 60 días

    Carta SS 2 de Outubro do 2023 · 

    A Seguridade Social cobrou a persoas labregas cotas por baixa laboral xa pagadas polas mutuas conforme á Lei Xeral da SS. Unha vez máis, os impedimentos da Administración para acceder a atención presencial implica prexuízos para a cidadanía

  23. Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do SLG-CCLL: “Precisamos saír deste capitalismo salvaxe se queremos ter un futuro”

    IsabelVilalba50aniversario 23 de Septembro do 2023 · 

    Máis de 300 persoas celebran nunha emotiva xornada en Encrobas os cincuenta anos en pé de loita labrega do SLG-CCLL. Reivindicamos o papel fundamental das persoas labregas na defensa da nosa terra nestes 50 anos, no presente e no futuro

  24. Aniversario do SLG-CCLL: 50 Anos construíndo futuro loitando pola Soberanía Alimentaria

    Logo50 21 de Septembro do 2023 · 

    O SLG-CCLL celebrará o seu cincuenta aniversario cun evento festivo e reivindicativo que terá lugar este sábado en Encrobas. Con motivo do 50 aniversario o SLG-CCLL lanza unha publicación na que se recollen fitos históricos da loita sindical agraria galega

  25. REPRESALIAS NA FUNDACIÓN HOSPITAL ASILO DE VILALBA: Despido dunha das traballadoras denunciantes das condicións laborais

    DespidoTraballadoraAsilo 18 de Agosto do 2023 · 

    Sindicatos e colectivos feministas esixen a súa readmisión inmediata e ás administracións que actúen xa para garantir os dereitos das traballadoras e dos residentes

  26. 43 colectivos unímonos para esixir medidas fronte á contaminación das rías

    marisqueo 27 de Xuño do 2023 · 

    Reclamamos á Xunta medidas urxentes para acabar cos verquidos contaminantes que están a provocar un drástico descenso na produción de marisco nos principais estuarios.

  27. Demandamos información sobre a transformación de parcelas rústicas en urbanas en concellos rurais

    catastro 23 de Xuño do 2023 · 

    Solicitamos información ao concello de Vilalba e pedimos que as persoas afectadas sexan informadas dos seus dereitos. Pedimos a anulación do cobro con carácter retroactivo resultante da diferencia entre o IBI rústico e o IBI urbano

  28. Demandamos unha valoración dos danos provocados polas treboadas e a apertura de liñas de axuda directa

    Anegamento OU 14 de Xuño do 2023 · 

    As fortes treboadas destes días provocaron perdas nas colleitas dende o norte até o sur da Galiza afectando a varios sectores. Instamos á Xunta de Galicia a crear un comité centrado no estudo das repercusións do quecemento global no agro galego

  29. Esiximos aclarar a situación na que se atopan as traballadoras e usuarias da Residencia de Maiores de Vilalba

    ResidenciaVilalba 25 de Maio do 2023 · 

    Dende 2021 vimos denunciando o incumprimento dos ratios de traballadoras e as graves consecuencias para as usuarias. A situación é xa insostíbel dende fai meses, chegando a haber só 7 traballadoras para coidar e atender a 157 persoas dependentes

  30. A veciñanza de As Nogais alerta do risco de demolición das pizarras do río Navia

    rionavia 12 de Maio do 2023 · 

    Defendemos a utilidade das pizarras do Navia como reguladoras do cauce hídrico e conservadoras da biodiversidade do río. Dirixirémonos á Confederación do Cantábrico para solicitar que faga pública a información ao respecto de posíbeis actuacións

  31. Programa Impacto Autónomo 2023: a discriminación das granxas agrávase ante as dificultades para incorporar a súa tributación

    Programa Impacto Autónomo2023 10 de Maio do 2023 · 

    Como alertamos dende o SLG-CCLL, a esixencia de beneficios por riba dos 10.000€ deixou fóra a case tódalas granxas de carne. As granxas que conseguiron acceder non dispoñen dun encaixe técnico que permita documentar correctamente a súa tributación

  32. O concello da Coruña discrimina ás persoas labregas ecolóxicas da zona de influencia fronte ás grandes empresas de alimentación

    SanAgustín 12 de Abril do 2023 · 

    O mercado semanal de San Agustín é un dos poucos puntos de venda onde poder acceder a alimentos frescos ecolóxicos. O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar unha xuntanza co concello da Coruña para tratar de reverter esta situación

  33. Apoio ao activista social Miguel Abraira na súa folga de fame para denunciar o bloqueo do concello de Miño

    abraira 28 de Febreiro do 2023 · 

    Ao contrario da celeridade para facilitar megaurbanizacións, o Concello mantén bloqueada a solicitude de Abraira dende o 2019. Este sábado 4 participaremos na concentración de apoio que terá lugar ás 20h. diante da Delegación do Goberno (A Coruña)

  34. As organizacións sociais integrantes do Consello Galego de Benestar Social bloquean a proposta de financiamento da Xunta para o SAF por ser das máis baixas do estado e non garantir salarios dignos para as traballadoras

    CGBS2 24 de Febreiro do 2023 · 

    O texto foi rexeitado con 13 abstencións e cinco votos en contra dos 27 emitidos

  35. O SLG agradece a participación e traballo desenvolvido nas Eleccións a Consellos Reguladores celebradas onte

    Formoso 20 de Febreiro do 2023 · 

    O SLG-CCLL organización gañadora no Condado, segunda en Valdeorras e terceira máis votada en Carne de Vacún de Galicia. Loitaremos pola defensa das pequenas e medianas granxas como garantía dun medio rural vivo e unha alimentación saudábel

  36. Se o Sindicato Labrego Galego está, as demandas das persoas agricultoras e gandeiras tamén están

    tg_ccrr 16 de Febreiro do 2023 · 

    O SLG-CCLL preséntase este domingo 19 ás eleccións dos Consellos Reguladores e Indicacións Xeográficas Protexidas. O SLG conta co aval de ser unha organización labrega cunha traxectoria histórica de loita sempre a carón das produtoras/es

  37. Política social confirma discriminación de colectivos vulnerábeis no acceso ao complemento de alugueiro

    pensionsnoncontri 14 de Febreiro do 2023 · 

    A vogal do SLG no Consello Galego de Benestar solicitou a revisión do caso dunha perceptora de pensión non contributiva. Demandamos a revisión dos expedientes de persoas en situación de vulnerabilidade á que se teña negado a axuda para alugueiro

  38. A Xunta volta disciminar ás labregas e labregos no acceso a axudas públicas: Programa Impacto Autónomo 2023

    autonomxs23 5 de Xaneiro do 2023 · 

    A concorrencia non competitiva prexudica ás persoas que carecen de equipamento ou con escasa cobertura de rede. O tope máximo de ingresos establecido no Programa Impacto Autónomo 2023 deixaría fóra a case tódalas granxas de carne

  39. O SLG acada o compromiso de revisión de oficio do complemento de alugueiro a unha muller con prestación non contributiva

    Cartaz solucións para as persoas dependentes 27 de Decembro do 2022 · 

    O SLG votou en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do 21 de decembro, na que tamén se acadou a revisión de oficio do complemento de alugueiro. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións

  40. O novo proxecto para a tramitación da Dependencia non soluciona as listas de agarda e recorta prestacións

    Marga 23 de Decembro do 2022 · 

    O SLG-CCLL vota en contra do texto presentado no Consello Galego de Benestar Social na sesión do pasado mércores 21. Restaura o silencio administrativo, malia ás sentenzas en contra da Xunta, incrementa demoras e non aborda a precariedade. 

  41. Solicitamos a revisión de oficio das denegacións do complemento de alugueiro a persoas con pensións non contributivas

    pensionsnoncontri 17 de Novembro do 2022 · 

    A denegación a unha muller maior que reside dende 1973 na mesma vivenda apunta discriminación deste colectivo vulnerábel. A vogal do SLG-CCLL no Consello Galego de Benestar Social alerta á Valedora do Pobo da posíbel existencia de máis casos

  42. Manifestación 19N en Compostela: Na defensa da vida digna, os servizos públicos e o Estado de Benestar

    RdP19N 16 de Novembro do 2022 · 

    As organizacións convocantes apelan á unidade para conformar unha forza plural que presione para garantir a protección social. Canda a defensa das pensións públicas, a Sanidade ou o Ensino a mobilización procurará fortalecer o apoio ás demandas do SAF

  43. Finaliza o Encontro europeo das articulacións de diversidades e mulleres da CEVC na Guarda

    Grupo_CEVC 4 de Novembro do 2022 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina reuniuse do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitrioa. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizaron estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega

  44. Segunda xornada do encontro das articulacións de mulleres e diversidades da CEVC

    aguarda021122 2 de Novembro do 2022 · 

    Feminismos, alianzas, loitas interseccionais, agroecoloxía e decolonización foron algúns dos eixos dos debates de hoxe. Alertouse do retroceso nos dereitos trans e analizáronse estratexias fronte á desvalorización das mulleres e da mocidade

  45. Encontro europeo das articulacións de diversidades e mulleres da CEVC na Guarda (Pontevedra)

    cevc 1 de Novembro do 2022 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina reunirase do 1 ao 3 de novembro na Guarda co SLG-CCLL como organización anfitriona. 40 persoas integrantes de organizacións europeas analizarán estratexias de fortalecemento interno e da loita labrega

  46. “Froiteiras de Noso” Campaña de recuperación de froiteiras autóctonas na provincia de Lugo

    FroiteirasDeNoso 25 de Outubro do 2022 · 

    Reivindicamos a recuperación de froiteiras como unha estratexia imprescindíbel para avanzar cara a soberanía alimentaria. Solicitamos a colaboración cidadá para aportar información que facilite a localización e recuperación destas variedades

  47. O SLG insta ao concello da Fonsagrada a recoñecer a propiedade da veciñanza sobre 29 escolas unitarias

    Afonsagrada 28 de Septembro do 2022 · 

    Case unha trintena de construcións realizadas en terreos e con materiais aportados pola veciñanza, en risco de privatización. Veciñas/os testemuñan que o prego inicial de condicións incluía o dereito á recuperación do terreo e do inmoble pola comunidade

  48. O V Festival Son Labreg@ celebrarase en Visantoña e xirará arredor da crise enerxética

    V Son Labreg@ 9 de Septembro do 2022 · 

    O V Festival Son Labreg@, "Colapsa agora para evitar aglomeracións", terá lugar o 17 de setembro en Visantoña (Santiso). O Concello de Santiso e a Banda-Escola de Música de Visantoña colaboran co Sindicato Labrego Galego nesta edición. 

  49. O SLG organiza en Chantada dúas actividades formativas no sector gandeiro e agrario

    Curso con Antonio Tucci 7 de Septembro do 2022 · 

    O curso de gandería rexenerativa estase a desenvolver os días 6, 7 e 8 de setembro no local do SLG en Chantada. O 14 de setembro organizarase en Castro de Carballedo unha xornada para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.

  50. Falla de transparencia nas manobras da agroindustria SUREXPORT pra facerse con terras das CMVMC

    loentia2 30 de Agosto do 2022 · 

    Unha asamblea celebrada este sábado en Loentia confirmou que Directiva e empresa non queren dar información ás comuneiras. A área que presumíbelmente quere acaparar SUREXPORT é empregada arestora para pastos por nove granxas familiares

  51. Instamos ao C.G. de Benestar a actuar fronte as demoras na tramitación dos servizos de dependencia e discapacidade

    Dependencia 22 de Agosto do 2022 · 

    No Centro Base de Valoracións de Lugo os retrasos para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses. As persoas e familias afectadas afrontan ademais prexuízos administrativos vinculados á non tramitación dos expedientes

  52. Solicitamos a priorización de tódalas familias “de especial consideración” na adxudicación de servizos de tempo libre

    NdP160822 16 de Agosto do 2022 · 

    Familias en situación de vulnerabilidade ou con persoas maiores, con discapacidade ou dependentes, concorren na quenda xeral. O SLG-CCLL dirixiuse ao Consello Galego de Benestar Social para apelar á modificación da Orde nas vindeiras convocatorias

  53. Fouce 339

    Fouce339 5 de Agosto do 2022 · 

    Xa está na rúa o número 339 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de xullo e agosto. As recentes mobilizacións en demanda de prezos xustos para o agro que tiveron lugar na comarca da Limia, as últimas actualizacións ao respecto da invasión eólica, o seminario internacional "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria" coordenado polo SLG-CCLL en Compostela e a participación en distintas mobilizacións sociais convocadas nestes últimos dous meses son algúns dos temas abordados.

  54. 25 Xullo, Día da Patria Galega: Soberanía para facer fronte á violencia do capitalismo neoliberal

    limia 25 de Xullo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego participará nas mobilizacións convocadas en Santiago de Compostela hoxe, 25 de xullo. Só a soberanía dos pobos pode situar a Vida no centro. Por unha Administración pública ao servizo da cidadanía e non do capital.

  55. OTAN: Gastar o erario público en armas, asasinar, ensinárnolo pola TV, manipularnos co medo e mercar máis armas cos nosos cartos

    OTANNON290622 29 de Xuño do 2022 · 

    A OTAN é a principal multinacional da guerra. A súa función é perpetuar as dinámicas de espolio colonial a favor de occidente. Máis conflictos nos territorios empobrecidos, máis violencia nas pantallas dos territorios enriquecidos: A morte como produto

  56. Migrantes atacados polos gobernos nas fronteiras: racismo institucional ao servizo do capitalismo neoliberal

    Melilla240622 27 de Xuño do 2022 · 

    Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.

  57. Destrución agroindustrial: acapara terras, contamina augas, escraviza persoas, aniquila o medio rural vivo

    agroecoloxíaoubarbarie 22 de Xuño do 2022 · 

    Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria

  58. O SLG coordina a elaboración dunha campaña europea contra a explotación agroindustrial

    Durante a rolda de prensa 21 de Xuño do 2022 · 

    Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).

  59. “Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”

    CEVC 17 de Xuño do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.

  60. Un grupo de traballo internacional convocado polo SLG analizará os abusos da agroindustria no medio rural

    agroecololoxiaoubarbarie 17 de Xuño do 2022 · 

    Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).

  61. Demandamos compromiso institucional para declarar a Apicultura Patrimonio Inmaterial da Humanidade

    apiculturapatrimonio 19 de Maio do 2022 · 

    Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade

  62. Centos de tractores esixen nas rúas de Xinzo medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    xinzotractorada250322 25 de Marzo do 2022 · 

    Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.

  63. Campaña para esixir a convocatoria inmediata do GABINETE DE CRISE da Xunta de Galicia

    gabinete de crise xa! 24 de Marzo do 2022 · 
    Hoxe procedeuse ao rexistro de solicitudes oficiais en Compostela, Ordes, A Estrada, Betanzos, Lugo, Chantada e Xinzo. Activamos en redes sociais a campaña #GabineteDeCriseXA! protagonizada pola afiliación do Sindicato Labrego Galego.
  64. Produtoras/es da Limia propoñen en Xinzo 20 medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    mani xinzo 22 de Marzo do 2022 · 

     Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.

  65. Esiximos ao Goberno central e galego atender as reivindicacións do transporte e garantir servizos mínimos

    SA xa 16 de Marzo do 2022 · 

    A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.

  66. Apoio ás mobilizacións convocadas por MODEPEN para o sábado 12F

    mobilizacións MODEPEN 9 de Febreiro do 2022 · 

    As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.

  67. A Rede Galega STOP Eólicos (RGSE) sauda o informe sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais do Consello da Cultura Galega

    ConselloCulturaGAl 17 de Decembro do 2021 · 

    A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega

  68. Apoio ás traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares

    saf 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.

     

  69. O SLG-CCLL reafírmase no seu X Congreso como unha ferramenta esencial de loita polos dereitos labregos e sociais

    IsabelVilalbaXCongreso 12 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.

  70. O SLG apoia a Folga Xeral comarcal na Mariña

    folga xeral mariña 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.

  71. MANIFESTACIÓN 13N Compostela: polo fin dos recortes nas pensións públicas e contra os Plans de Pensión Privados de Empresa

    MODEPEN 13N 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.

  72. A Rede Galega Stop Eólicos declara a situación de emerxencia social ante a INVASIÓN EÓLICA do medio rural

    MapaInvasiónEólica 20 de Outubro do 2021 · 

    Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.

  73. Acadamos o compromiso do CGBS de informar sobre o novo modelo de residencias, SAAD e fondos Next Generation

    cgbs 19 de Outubro do 2021 · 

    Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.

  74. O Sindicato Labrego Galego apoia a mobilización comarcal en demanda de “Futuro para a Mariña”

    manifestación a mariña 17 out 16 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear  revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.

  75. A Xefatura Provincial de Lugo tira dun Decreto de 1986 para non atender as necesidades do transporte escolar rural

    ParadaActualCruce 19 de Agosto do 2021 · 

    Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.

  76. 27 de xuño: Manifestación en defensa duns servizos públicos dignos de atención á dependencia na Galiza

    Plataforma Servizos Públicos Dependencia 21 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.

  77. As últimas novidades sobre o proceso do X Congreso do SLG ou da Política Agraria Común no Fouce 334

    Portada Fouce 334 25 de Maio do 2021 · 

    Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Oficina agraria virtual

    O SLG pide a ampliación do prazo para alegar os dereitos da PAC e presentará queixa diante da Valedora do Pobo

    2 de Decembro do 2016 · 
    O pasado 15 de novembro, o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) publicaba no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que se daba publicidade á asignación de dereitos do réxime do pagamento básico da Política Agraria Común (PAC). Trátase dunha resolución importantísima para as nosas granxas, xa que nela se fixan os dereitos en base aos cales se determinará a contía das axudas para máis de 30.000 labregos e labregas da Galiza no período 2014-2020, dándoselle ás persoas afectadas un mes de prazo para alegar ou facer reclamacións.
  2. Emilio Cao

    O SLG solidarízase con Emilio Cao e esixe a súa absolución

    30 de Novembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere solidarizarse con Emilio Cao, o estudante que, sendo menor de idade (17 anos), foi detido nas cargas policiais que se produciron na manifestación das Marchas da Dignidade en Madrid o 22 de marzo de 2014. 

  3. Food Revolution

    4 de decembro: I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

    23 de Novembro do 2016 · 

    A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza para o vindeiro domingo, 4 de decembro, o I Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará en Betanzos. Alí, a través do diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentaremos contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que tenta que a agricultura galega tome vieiros en consonancia con conceptos como a soberanía alimentaria, o respecto ao medio ambiente, a aposta polas producións locais, a relación directa entre a xente labrega e a consumidora ou o facer da alimentación unha fonte de saúde. 

  4. Xuntanza Deputación Lugo SLG

    O SLG e a Deputación de Lugo buscan solucións ao baleiro en formación agraria deixado polos recortes da Xunta

    22 de Novembro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos sectores gandeiros da organización agraria, Xabier Gómez Santiso, mantiveron, o 21 de novembro, unha xuntanza de traballo co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, para abordar a problemática do baleiro deixado pola Xunta de Galicia na formación profesional de labregos e labregas por mor dos recortes.

  5. Fouce 313

    Fouce 313: Das crises do leite e dos lumes forestais á VII Conferencia Internacional da Vía Campesina

    9 de Novembro do 2016 · 

    Hoxe, miles de Fouce serán enviados por correos a centos de parroquias e lugares de Galiza. E é que vén de saír do prelo o nº 313 (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina), con textos que afondan en problemáticas coma os lumes forestais ou a crise do sector lácteo ou novas de sectores produtivos como o do coello, o viño, a castaña, a pataca ou o mel. Tamén incluímos na contraportada unha entrevista a Alazne Intxauspe, de EHNE Bizkaia, organización anfitrioa da VII Conferencia Internacional da Vía Campesina que se celebrará en Derio do 15 ao 24 de xullo de 2017. En días vindeiros, iremos debullando nas redes sociais os contidos íntegros que, decotío, é imposíbel publicar na súa totalidade na edición impresa por motivos de espazo.

  6. Represión MST

    O Sindicato Labrego Galego condena as accións represivas perpetradas pola policía contra os Sem Terra do Brasil

    5 de Novembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego solidarízase cos irmáns e irmás do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), pertencente a La Vía Campesina coma o SLG, pola escalada represiva que están a sufrir por parte da policía, do sistema xudicial e da clase política máis rancia do Brasil. Dende a Galiza, condenamos a invasión policial vivida onte mesmo, 4 de novembro, na Escola Nacional Florestan Fernandes (ENFF), en Guararema (São Paulo).

  7. Feira Outono Ponteareas

    Ponteareas acollerá unha nova edición da Feira de Outono

    2 de Novembro do 2016 · 

    A Praza Maior de Ponteareas será escenario dunha nova edición da Feira de Outono na fin de semana do 4, 5 e 6 novembro. Así o anunciamos en rolda de prensa as entidades organizadoras desta Feira: Centro de Recuperación de Cultura Popular, Asociación Xuvenil Galiza Nova, Sindicato Labrego Galego e Concello de Ponteareas.

  8. Outono de resistencia

    O SLG apoia as mobilizacións do 15-OU contra os tratados de libre comercio porque ameazan a nosa agricultura

    14 de Outubro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego estará, este 15 de outubro, unha vez máis nas rúas para esixir a marcha atrás nas negociacións de tratados de libre comercio coma o TTIP con Estados Unidos ou o CETA con Canadá porque a agricultura sería o sector máis damnificado, xa que as taxas arancelarias que protexen aos produtos agrícolas europeos son as máis altas na UE, cunha media do 14'6%. Isto é así porque os sectores agrarios, amais do importante peso económico que teñen, son vitais para a UE polo seu rol como fornecedores de alimentos, de estruturación do territorio e de distribución xeográfica do traballo e da riqueza. Mais todo iso e moito máis semella que pretende sacrificarse nas aras do libre comercio. Vexamos como:

  9. Zaytouna

    Lánzase unha campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

    3 de Outubro do 2016 · 

    Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este 3 de outubro en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e a UE para a flotilla de mulleres que partiron rumbo a Gaza o pasado mércores día 27 de setembro. Xunto a isto anunciaron que, diante da inminente abordaxe do barco, lánzase unha campaña de alerta para chamar á mobilización cando iso ocorra.

  10. Planeta aldea

    Comeza en Vilar de Barrio “Aldeas Revoltas”, un encontro para dinamizar a mocidade labrega en busca de alternativas

    24 de Septembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego, tras manter varias xuntanzas con mozos e mozas durante o último ano en cidades e vilas como Lugo, Betanzos, Vilar de Santos ou Compostela; vai celebrar este sábado, 24 de setembro, un encontro de mocidade a nivel galego no albergue d'As Corcerizas, en Vilar de Barrio (Ourense), baixo o título “Aldeas revoltas: Encontro coa mocidade labrega”

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. Seguinte