A PAC solicitarase en maio e abril, as/os labregas/os precisamos coñecer os seus requisitos e características antes do 2023. Achegamos calendario de xuntanzas, que darán inicio o vindeiro 15 de novembro en Chantada e terán lugar nas catro provincias
O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas segue insistindo en que esta é outra oportunidade perdida para mudar a PAC: Todo segue igual e Galiza sae perdendo novamente nos seus sectores principais.
Diante do previsíbel peche das negociacións sobre a aplicación da próxima Política Agrícola Común no estado español, o Sindicato Labrego Galego quere facer constar que os indicios, na forma dos documentos publicados até o de agora, sinalan con claridade para un Plano Estratéxico mui discriminatorio cara a Galiza.
A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a responsábel de Política Agraria Común no SLG, Ana Rodríguez e Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional e da Dirección da carne do SLG, denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela que as propostas para a nova PAC presentadas esta semana polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación supoñen “un absoluto desastre para Galiza”.
O Sindicato Labrego Galego (e outras organizacións coas que traballamos a nivel galego, estatal e europeo) quere outra PAC. Cremos que é posible e que é imprescindible se queremos frear a desaparición das pequenas granxas como produtoras de alimentos e non deixar grandes extensións de territorio e a nosa comida en mans da agroindustria.
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a Política Agraria Común (PAC). Cun ton retranqueiro salpicado por abondosos datos oficiais, esta peza audiovisual apóiase nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quenes realmente deberían obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario.
Conscientes da transcendencia que ten a actual etapa de cara a deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) que rexerá a agricultura dos países da UE até 2027, dende o Sindicato Labrego Galego organizamos un seminario internacional baixo o título “Máis labregas = Mellores alimentos. Como a PAC deseña as nosas producións, paisaxes e alimentos”. A intención do seminario, que se celebrará os días 2 e 3 de xullo no Museo do Pobo Galego (Compostela), é analizar o impacto que leva anos tendo a PAC no noso sistema agrario e alimentario e tentar fixar as claves de cales son as mudanzas necesarias para que beneficie, realmente, o acceso a alimentos sans e de calidade a toda a cidadanía respectando a dignidade e importancia dos labregos e das labregas.
A finais de marzo, a secretara xeral do SLG, Isabel Vilalba, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro, denunciaban diante da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura como a Política Agraria Común (PAC) discriminaba as mulleres. Agora, para afondar neste nicho de desigualdade, organizamos este seminario europeo, o 23 de xuño, no que analizaremos polo miúdo como as políticas europeas no agro axudan a perpetuar a fenda que afasta homes e mulleres tamén nas profesións agrarias. Se precisas máis información ou queres inscribirte, faino en: derural@sindicatolabrego.gal
As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.
Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.
Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.
O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).
En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:
A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar.
O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).
As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.
A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.
Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:
O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.
O vixente número do Fouce recolle unha crónica do seminario celebrado en Compostela nos pasados 2 e 3 de xullo, en que se colocou en cuestión a xénese, nesgos, limitacións e consecuencias dunha Política Agraria Común que se converte unha e outra vez en instrumento ao servizo do produtivismo e da agroindustria.
O Plan Estratéxico da PAC que está elaborando o Ministerio de Agricultura no Estado Español, no subgrupo de traballo do obxectivo específico 7, “Atraer aos xoves agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial do medio rural”, inclúe a perspectiva de xénero e o despoboamento. No documento do Ministerio dise “se ben é certo que a proposto de regulamento dos plans estratéxicos da PAC non contempla entre os seus obxectivos específicos estes dous aspectos, España solicitou a súa inclusión por dous motivos: en primeiro lugar, para visualizar o papel tan importante que desempeñan as mulleres no medio rural (...).
Un dos cambios máis importantes do novo periodo da PAC (2023-2027) vai ser a aplicación dos requisitos medioambientais. Neste artigo, elaborado polo técnico Andrés Castro, explícasenos como vai ser esa nova arquitectura verde (condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais) e analiza polo miúdo a proposta que temos enriba da mesa do Ministerio para os ecoesquemas (podes descargar o texto completo en castelán na icona que atoparás no remata da páxina).
Sabemos que somos algo pesadas con isto da PAC, pero pensade que só no período 2014-2020 o Estado Español recibiu 47.500 millóns de euros de Europa neste concepto. Resulta incomprensible que semellante cantidade de cartos non estea fiscalizada pola sociedade no seu conxunto -especialmente na Galiza, a comunidade máis prexudicada polos criterios vixentes de reparto- pois con eses cartos decidimos sobre algo tan básico como os alimentos que levamos á boca.
O Sindicato Labrego Galego programou unha xornada formativa en Ribadumia, o vindeiro xoves 10 de decembro, baixo o título “O futuro da viticultura”. Será no salón de actos da Casa de Cultura de Ribadumia e contará coa técnica especialista en Política Agraria Común (PAC), Ana Rodríguez; e co responsábel do Sector do Viño do SLG e viticultor e adegueiro biodinámico, Bernardo Estévez.
O vindeiro luns, 30 de novembro, imos celebrar unha xornada técnica sobre o perído transitorio á nova Política Agraria Común (PAC) nos anos 2021-2022. Para facela, contaremos co/coa técnic@ Ana Rodríguez, que fará unha introdución sobre os cambios; e Andrés Castro, que explicará como nos van afectar eses cambios no noso traballo diario.
O 11 de decembro de 2019, a Comisión publicou a comunicación “Pacto Verde Europeo” para converternos no primeiro continente neutral no clima do mundo para 2050. No marco deste Pacto Verde, a comisión está publicando toda unha serie de medidas lexislativas e non lexislativas que van afectar ao noso sector nesta década (podes descargar o artigo traducido ao castelán premendo na iconta que atoparás ao remate desta páxina).
Con esta entrada inauguramos unha serie sobre as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar a proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.
Seguimos coas propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar os anexos á proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.
Para dar continuidade ás propostas normativas para a nova PAC 2020-2027, compartimos aquí o regulamento do Parlamento Europeo e do Consello que modifica os regulamentos polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios; sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios; sobre a definición, descrición, presentación, etiquetaxe e protección das indicacións xeográficas dos produtos vitivinícolas aromatizados; polo que se establecen medidas específicas no sector agrícola en favor das rexións ultraperiféricas da UE; e polo que se establecen medidas específicas no sector agrícolas en favor das illas menores do mar Exeo.
Co-financiado polo Programa IMCAP da Unión Europea
Os contidos da presente sección representan unicamente as opinións do autor ou autora e é responsabilidade exclusiva del ou dela. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidera facerse da información contida en dito material.