Como a PAC pode axudar as producións labregas

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A PAC e as producións labregas>
  4. Normativa PAC 2020-2027

Normativa PAC 2020-2027

  1. Esiximos á CMR que aclare cal das contías de pagos da PAC anunciada é a verdadeira, así como o seu desglose

    PAC2 12 de Decembro do 2023 · 

    Saudamos o compromiso público de pago para o mes de decembro realizado pola CMR logo da interpelación do SLG. Reiteramos que as granxas non percibiron o adianto da PAC anunciado pola Consellaría do Medio Rural no mes de novembro

  2. A Xunta de Galicia non só non adiantou a PAC, senón que as granxas nin sequera cobraron este mes

    vacasanaachan 11 de Decembro do 2023 · 

    O Goberno galego utilizou os medios de comunicación para gabarse de anticipar a PAC. A día de hoxe, nin anticipou nin pagou. Consideramos que os atrasos no cobro da PAC son culpa das demoras nos controis por parte da propia Xunta de Galicia

  3. A actitude irresponsábel e inoperante da CMR lastra o proceso de solicitude da PAC2023 que finaliza este venres

    granxaleite 26 de Xuño do 2023 · 

    O SLG solicitou varias veces á Consellaría concretar distintos requisitos da PAC, ao que a administración inda non deu resposta. O RD4/2023 especifica como fin de prazo o 30 de xuño pero a CMR limitouno ao 15/06 e posteriormente aceptou a data do 30/06

  4. Suplemento especial de 8 páxinas sobre a Política Agraria Común 2023-2027 no xornal sindical FOUCE

    Fouce 342 14 de Abril do 2023 · 

    Publicamos o número 342 do xornal sindical Fouce, correspondente aos meses de marzo e abril. O suplemento PAC recolle cuestións como a condicionalidade, as BCAM, pagos e outras informacións de interese para as granxas

  5. O SLG pide que se elimine a obrigatoriedade do caderno dixital e demais burocracia innecesaria da PAC

    PAC WEB 28 de Marzo do 2023 · 

    Solicitamos unha moratoria para aplicación das novas esixencias, así como exencións para as pequenas e medianas granxas. Demandamos que as granxas non paguen as consecuencias do nefasto funcionamento administrativo desta campaña da PAC

  6. Rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común 2023 en toda Galiza

    asembleasPAC 9 de Novembro do 2022 · 

    A PAC solicitarase en maio e abril, as/os labregas/os precisamos coñecer os seus requisitos e características antes do 2023. Achegamos calendario de xuntanzas, que darán inicio o vindeiro 15 de novembro en Chantada e terán lugar nas catro provincias

  7. O SLG rexeita o acordo dun Plan Estratéxico Estatal da PAC catastrófico para Galiza e esixe máis negociación

    esta_PAC_non_se_entende 20 de Outubro do 2021 · 

    Diante do previsíbel peche das negociacións sobre a aplicación da próxima Política Agrícola Común no estado español, o Sindicato Labrego Galego quere facer constar que os indicios, na forma dos documentos publicados até o de agora, sinalan con claridade para un Plano Estratéxico mui discriminatorio cara a Galiza.

  8. Xunta e Ministerio negocian unha PAC catastrófica para Galiza: inxusta, discriminatoria e ao servizo da agroindustria

    pac7out21 7 de Outubro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a responsábel de Política Agraria Común no SLG, Ana Rodríguez e Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional e da Dirección da carne do SLG, denunciaron  en rolda de prensa en Santiago de Compostela que as propostas para a nova PAC presentadas esta semana polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación supoñen “un absoluto desastre para Galiza”.

  9. AS PROPOSTAS LEXISLATIVAS PARA REGULAR A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN PAC 2020-2027

    Normativa 13 de Outubro do 2020 · 

    Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.

  1. Esquema PAC

    Unha nova PAC pintada de verde pero enferruxada no seu interior: Condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais

    3 de Marzo do 2021 · 

    Un dos cambios máis importantes do novo periodo da PAC (2023-2027) vai ser a aplicación dos requisitos medioambientais. Neste artigo, elaborado polo técnico Andrés Castro, explícasenos como vai ser esa nova arquitectura verde (condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais) e analiza polo miúdo a proposta que temos enriba da mesa do Ministerio para os ecoesquemas (podes descargar o texto completo en castelán na icona que atoparás no remata da páxina).

  2. PAC normativa

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: O plano estratéxico

    9 de Outubro do 2020 · 

    Con esta entrada inauguramos unha serie sobre as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar a proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.

  3. Normativa PAC

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: Anexos ao plano estratéxico

    8 de Outubro do 2020 · 

    Seguimos coas propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar os anexos á proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.

  4. Normativa PAC

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: A Organización Común de Mercados

    7 de Outubro do 2020 · 

     

    Para dar continuidade ás propostas normativas para a nova PAC 2020-2027, compartimos aquí o regulamento do Parlamento Europeo e do Consello que modifica os regulamentos polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios; sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios; sobre a definición, descrición, presentación, etiquetaxe e protección das indicacións xeográficas dos produtos vitivinícolas aromatizados; polo que se establecen medidas específicas no sector agrícola en favor das rexións ultraperiféricas da UE; e polo que se establecen medidas específicas no sector agrícolas en favor das illas menores do mar Exeo.

  5. Normativa PAC

    As propostas lexislativas para a Política Agraria Común PAC 2020-2027: Financiamento e xestión

    6 de Outubro do 2020 · 

    Un capítulo importante na nova normativa que rexerá a Política Agraria Común PAC 2020-2027 será o referente ao financiamento e xestión. De seguido, compartimos a proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da Política Agraria Común.

  6. Normativa PAC

    A estratexia do Pacto Verde para a Unión Europea

    2 de Outubro do 2020 · 

     

    A Comisión Europea presentou o Pacto Verde Europeo para a UE como un compromiso para responder aos desafíos do cambio climático e o medio ambiente, cuxa principal finalidade sería converter Europa no primeiro continente climaticamente neutral para o ano 2050. De seguido, compartimos o texto presentado pola Comisión Europea ao respecto ante o Parlamento Europeo.

  7. Normativa PAC

    As estratexias do Pacto Verde para a Unión Europea e a súa cidadanía: Da granxa á mesa

    1 de Outubro do 2020 · 

    A Comisión Europea presentou o Pacto Verde Europeo para a UE como un compromiso para responder aos desafíos do cambio climático e o medio ambiente, cuxa principal finalidade sería converter Europa no primeiro continente climaticamente neutral para o ano 2050. Unha desas estratexias é a denominada “Da granxa á mesa”:

  8. Normativa PAC

    As estratexias do Pacto Verde para a Unión Europea e a súa cidadanía: Biodiversidade

    30 de Septembro do 2020 · 

    A Comisión Europea presentou o Pacto Verde Europeo para a UE como un compromiso para responder aos desafíos do cambio climático e o medio ambiente, cuxa principal finalidade sería converter Europa no primeiro continente climaticamente neutral para o ano 2050. Outra estratexia para conseguilo será a de Biodiversidade até 2030 para “reintegrar a natureza nas nosas vidas”.

Arquivo

Bandeira da Unión Europea

Co-financiado polo Programa IMCAP da Unión Europea

Os contidos da presente sección representan unicamente as opinións do autor ou autora e é responsabilidade exclusiva del ou dela. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidera facerse da información contida en dito material.