A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Migrantes atacados polos gobernos nas fronteiras: racismo institucional ao servizo do capitalismo neoliberal

    Melilla240622 27 de Xuño do 2022 · 

    Demandamos asistencia legal e sanitaria de calidade para as persoas sobrevivintes da brutalidade policial en Melilla. Esiximos ao Goberno español acelerar a identificación das víctimas, garantía de repatriación e reparación ás familias.

  2. A Consellaría do Medio Rural continúa a ser cómprice do incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

    vienesasrois 27 de Xuño do 2022 · 

    Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos

  3. Destrución agroindustrial: acapara terras, contamina augas, escraviza persoas, aniquila o medio rural vivo

    agroecoloxíaoubarbarie 22 de Xuño do 2022 · 

    Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada no Centro de Interpretación de Belvís (Compostela). O GT de Migración e Traballo Rural da CEVC prepara dende Galiza unha campaña internacional contra a agroindustria

  4. O SLG coordina a elaboración dunha campaña europea contra a explotación agroindustrial

    Durante a rolda de prensa 21 de Xuño do 2022 · 

    Acción reivindicativa ás 17.45h. de hoxe, martes 21, nas instalacións de Surexport no Arneiro (Cospeito; Lugo). "Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria", xornada aberta, mañá no Centro de Interpretación (Belvís).

  5. Un grupo de traballo internacional convocado polo SLG analizará os abusos da agroindustria no medio rural

    agroecololoxiaoubarbarie 17 de Xuño do 2022 · 

    Compostela acollerá ao Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da Coordenadora Europea Vía Campesina. Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, xornada aberta, mércores 22 no Centro de Interpretación (Belvís).

  6. “Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”

    CEVC 17 de Xuño do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.

  7. Máis de 200 colectivos uniranse este domingo á marcha convocada pola coordinadora "Eólica Así Non" por unha enerxía pór e para o pobo

    EólicaAsíNon 4 de Xuño do 2022 · 

    A Coordinadora Eólica Así Non acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentábel co medio ambiente

  8. Só a enerxía pór e para o pobo é unha enerxía xusta e sustentábel. Eólica así non. Temos alternativa

    EnerxíaPorEParaOPobo 4 de Xuño do 2022 · 

    Manifestación o domingo 5 de xuño, ás 12.00h. en Santiago de Compostela, convocada pola coordenadora “Eólica así non”. Marco legal de 1997, falsas moratorias, bloqueo do COGAMADS e sentenzas condenatorias evidencian a conivencia da Xunta co oligopolio enerxético.

  9. O SLG demanda que a CMR garanta prezos por riba dos 6,20€/kg de custos de produción que ela mesma calcula

    vienesas 2 de Xuño do 2022 · 

    A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.

  10. A Conselleira impide por segunda vez un pronunciamento do COGAMADS sobre a invasión de polígonos eólicos

    GZlibredemacroeólicos2 31 de Maio do 2022 · 

    Nos días previos á segunda manifestación nacional contra os macroeólicos, a conselleira bloquea este órgano medioambiental. Solicitamos novamente a inclusión das demandas realizadas na anterior xuntanza e eliminación dos artigos 6 e 7 do RD 6/2022

  11. As granxas denuncian que Leite CELTA bloquea a posibilidade de concretar subas no prezo do leite ecolóxico

    leiteco 20 de Maio do 2022 · 

    A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución

  12. Demandamos compromiso institucional para declarar a Apicultura Patrimonio Inmaterial da Humanidade

    apiculturapatrimonio 19 de Maio do 2022 · 

    Rexistramos solicitude na Consellaría de Cultura, no marco dunha campaña estatal na que tamén nos diriximos ao Ministerio. Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial da Apicultura, co que a ONU destaca o seu rol fundamental no mantemento da biodiversidade

  13. Sen índices oficiais de custos e prezos, o RD 314/2022 non servirá para impedir a venda a perdas no sector lácteo

    frisonas 18 de Maio do 2022 · 

    O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo

  14. O TSXG confirma a discriminación da maioría de granxas de carne nas axudas COVID-19 da Xunta de Galicia

    NdPSEntenzaNutrices 28 de Abril do 2022 · 

    A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.

  15. O leite en ecolóxico reivindica revalorización do produto, prezos xustos e implicación institucional

    Teixeiro_leiteEco 22 de Abril do 2022 · 

    Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.

  16. Alegamos ao Decreto do Observatorio do Sector Lácteo presentado pola Consellaría do Medio Rural

    ObsSEctLact 12 de Abril do 2022 · 

    A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.

  17. Campaña cidadá de alegacións á Folla de Ruta para a Xestión de Materias Primas aberta polo Ministerio

    Leito fluvial contaminado pola actividade mineira irresponsable no municipio de Touro (A Coruña) 11 de Abril do 2022 · 

    Animamos á participación nesta campaña para visibilizar a oposición social ao extrativismo salvaxe no noso medio rural. Petón do Lobo fornece modelos online para alegar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO)

  18. Alegamos ao borrador do RD de Normas Básicas de Ordenación das Granxas Bovinas

    RDBOVINO 8 de Abril do 2022 · 

    Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.

  19. Frouma publica a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', sobre a importancia das abellas na Galiza

    abella e flor 5 de Abril do 2022 · 

    A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.

  20. O Protocolo IXP TG: Outro documento sen medidas concretas que garantan resultados, e feito de costas ao sector

    Rolda de Prensa 30 de Marzo do 2022 · 

    O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.

  21. O SLG NON asina o protocolo IXP TG da CMR e denuncia que é unha posta en escena para desmobilizar ao sector

    vacas 28 de Marzo do 2022 · 

    É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.

  22. Centos de tractores esixen nas rúas de Xinzo medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    xinzotractorada250322 25 de Marzo do 2022 · 

    Unidade de acción para urxir a un cambio de modelo que poña fin á destrución das granxas e garanta a calidade dos alimentos. A Secretaria Xeral do SLG-CCLL animou a sumar forzas para acadar a Soberanía Alimentaria e a Soberanía Enerxética.

  23. Campaña para esixir a convocatoria inmediata do GABINETE DE CRISE da Xunta de Galicia

    gabinete de crise xa! 24 de Marzo do 2022 · 
    Hoxe procedeuse ao rexistro de solicitudes oficiais en Compostela, Ordes, A Estrada, Betanzos, Lugo, Chantada e Xinzo. Activamos en redes sociais a campaña #GabineteDeCriseXA! protagonizada pola afiliación do Sindicato Labrego Galego.
  24. Produtoras/es da Limia propoñen en Xinzo 20 medidas urxentes para salvar o sector agrogandeiro da comarca

    mani xinzo 22 de Marzo do 2022 · 

     Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal. Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade.

  25. Demandamos convocatoria urxente de Gabinete de Crise da Xunta co sector primario e o sector do transporte

    GabineteDeCrise 21 de Marzo do 2022 · 

    A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.

  26. Solicitamos un informe das afeccións da mina San Acisclo (Muras) sobre a Rede Natura e a RB Terras do Miño

    Muras2 21 de Marzo do 2022 · 

    A ampliación, proxectada en plena Rede Natura dentro dunha RB, non conta con avaliación ambiental, nin estudo hidrolóxico. En canto coñecimos a tramitación da nova ampliación mineira, rexistramos alegacións alertando das múltiples irregularidades

  27. Demandamos paralización inmediata do macroparque Caíño-Brancellao e activación urxente da moratoria eólica

    Caíño-Brancellao 17 de Marzo do 2022 · 

    Aumenta a oposición aos máis de medio cento de aeroxeradores do Caíño-Brancellao, da multinacional italiana Enel Green Power. Afecta Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes, Carral, Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado, Abegondo e Guitiriz.

  28. Lactalis volta secuestrar as granxas galegas e utilízaas como escudo para deixar o leite sen recoller

    lactalis secuestro granxas 17 de Marzo do 2022 · 

    Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller

  29. Esiximos ao Goberno central e galego atender as reivindicacións do transporte e garantir servizos mínimos

    SA xa 16 de Marzo do 2022 · 

    A chegada de penso para alimentación animal e a apertura dos matadoiros, urxente para evitar o colapso das granxas galegas. Opoñémonos a respostas curtopracistas que afondan inda máis no modelo capitalista que nos levou á grave situación actual.

  30. Convocatorias 8M

    Convocatorias 8M 7 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas estará presente nas mobilizacións e distintas accións convocadas mañá 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller.

     

    Nin escravas, nin heroínas...mulleres con dereitos xa!

  31. 8M: Xuntas, fortes, en pé de loita na defensa da Vida

    8M2022 7 de Marzo do 2022 · 

    Chamamos á unidade dos feminismos, a pór en valor a nosa diversidade e a refortalecernos loitando nos espazos comúns. Esiximos o fin da normalización do empobrecemento social masivo como resposta política a medida do capitalismo neoliberal

  32. Esiximos ás industrias suba, cobertura de custos e claridade na configuración do prezo do leite nos contratos

    Contratos intelixibeis 4 de Marzo do 2022 · 

    Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector

  33. Unidade das organizacións agrarias para esixir que non se asinen contratos que non cubran custos de produción

    AnaRodríguez_Rolda030322 3 de Marzo do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.

  34. Alegamos contra o cúmulo de ilegalidades da ampliación da mina San Acisclo (Muras, Lugo)

    mina San Acisclo 2 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, canda outros colectivos da Rede Galega Contra a Minería destructiva da Galiza, Contraminacción e entidades e asociacións ambientalistas da Terra Chá, como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible, veñen de presentar alegacións contra a aprobación do proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, situada no termo municipal de Muras (Lugo), da promotora Materiales Cerámicos Materias Primas SL.

  35. Demandamos que o Consello Científico estatal informe sobre os impactos da macrocentral hidroeléctica Xistral

    xistral balsa 23 de Febreiro do 2022 · 

    Demandamos  ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e á Deputación de Lugo que soliciten ao Consello Científico -órgano asesor da UNESCO e dependente do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN), entidade responsábel de asegurar o correcto funcionamento da rede de biorreservas do Estado español-, un informe detallado ao respecto dos impactos que implicaría a macrocentral hidroeléctrica que o grupo aragonés Alatalaya Generación quere construír na Rerserva da Biosfera Terras do Miño.

  36. Esiximos ao Ministerio e á Consellaría medidas que rematen ca venda a perdas no leite

    leitexuntanza 18 de Febreiro do 2022 · 

    A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.

  37. Denunciamos á conselleira Vázquez ante a Valedora do Pobo e solicitamos convocatoria urxente do COGAMADS

    Fóra eólicos do rural 17 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas dirixiuse no día de hoxe á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, para formular unha reclamación contra a Presidenta do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS), a conselleira de medio ambiente Ángeles Vázquez, polas flagrantes irregularidades protagonizadas durante a última sesión do mesmo. Asemade, o vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicituou tamén hoxe formalmente unha nova xuntanza do Consello Galego de Medio Ambiente, a fin de subsanar as lamentábeis deficiencias que se puxeron de manifesto durante a última sesión.

  38. Apoio ás mobilizacións convocadas por MODEPEN para o sábado 12F

    mobilizacións MODEPEN 9 de Febreiro do 2022 · 

    As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver saír á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha no sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.

  39. O SLG presenta diante do Ministerio a súa proposta de alegacións para o Plan Estratéxico da PAC 2023-2027

    Outra pac é posíbel 9 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas segue insistindo en que esta é outra oportunidade perdida para mudar a PAC: Todo segue igual e Galiza sae perdendo novamente nos seus sectores principais.

  40. Se mata ao medio rural, non é enerxía limpa nin transición xusta

    Hidro 7 de Febreiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).

  41. Defendemos no CES a xestión pública da auga e garantir o seu acceso por parte da poboación

    auga para todas 2 de Febreiro do 2022 · 

    Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.

  42. A Consellaría das macrogranxas porfía en sepultar as explotacións familiares de vacún de carne

    AsambleaVacúnCarne20Dec21 1 de Febreiro do 2022 · 

    Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.

  43. O SLG suma forzas na elaboración dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego

    slg_juana de vega 28 de Xaneiro do 2022 · 

    Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

  44. A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    Fóra eólicos do rural 27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

  45. Partillando saberes labregos nas X Xornadas de Granxas Abertas na Comarca da Ulloa

    cernada 25 de Xaneiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) desenvolveu a décima edición das Xornadas de Granxas Abertas, desta volta na comarca da Ulloa.

  46. As macrogranxas son absolutamente incompatibles con un medio rural vivo

    macrogranxas 7 de Xaneiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) queremos expresar a nosa preocupación pola frivolidade ca que certos sectores están a instrumentalizar as declaracións críticas cas macroexplotacións intensivas realizadas recentemente polo Ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico.

  47. O SLG presenta mocións en tódolos concellos do Deza-Tabeirós para solicitar a súa implicación no apoio ao sector leiteiro

    deza_moción_leite 21 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.

  48. Denunciamos o despropósito de lexislar sobre o gando do medio rural como se foran animais das cidades

    vaca_201221 20 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.

  49. O sector vacún de carne esixe á Xunta medidas concretas e inmediatas que freen o peche de granxas por mor do aumento de custos e os baixos prezos

    vacúncarne201221 20 de Decembro do 2021 · 

    Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.

  50. Dúas das tres Reservas da Biosfera luguesas solicitarán unha moratoria para paralizar os parques eólicos, a solicitude do SLG

    MP 19 de Decembro do 2021 · 

    A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.

  51. O peche de Tegestacín: crónica dunha morte anunciada ante a inacción da Consellaría do Medio Rural

    tegestacín web 18 de Decembro do 2021 · 

    O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.

     


  52. Apoio ás traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares

    saf 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas estará este domingo 19 de decembro apoiando a manifestación convocada polas traballadoras do Servizo de Atención aos Fogares (SAF) ás 12h. con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.

     

  53. Mobilizacións do sector vacún de carne. Asamblea sectorial e concentración diante da Xunta o luns 20 en LUGO

    LUGO20Db 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).

  54. A Rede Galega STOP Eólicos (RGSE) sauda o informe sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais do Consello da Cultura Galega

    ConselloCulturaGAl 17 de Decembro do 2021 · 

    A principios do mes de marzo por iniciativa da Asociación Ambiental Petón do Lobo e colectivos da Rede Galega Stop Eólicos iniciouse esta petición de ditame dirixida ao Consello da Cultura Galega

  55. O SLG-CCLL reafírmase no seu X Congreso como unha ferramenta esencial de loita polos dereitos labregos e sociais

    IsabelVilalbaXCongreso 12 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrou hoxe o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro". A gandeira de Lourenzá (Lugo), Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral dende o ano 2012, foi reelixida no seu cargo para o novo período.

  56. Alegamos contra a discriminación das granxas galegas con terra no borrador do RD para a nutrición sostíbel nos solos agrarios

    bosta 10 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.

  57. X Congreso do SLG: Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro!

    X Congreso 10 de Decembro do 2021 · 

    O vindeiro domingo 12 de decembro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro".

  58. As modificacións aprobadas na Lei da Cadea Alimentaria son insuficientes ao carecer de índices de custos de obrigatorio cumprimento

    PREZOSXUSTOSSLG 3 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.

  59. O SLG avanza en Chantada a campaña de solicitude de apoio aos concellos á moción de medidas urxentes para o sector leiteiro

    MocionchantadaLeite 1 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.

  60. O SLG inicia unha campaña de presentación de mocións para activar o apoio dos concellos ao sector leiteiro galego

    campaña mocións- 30 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.

  61. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

    XORNADA DE TRABALLO ONLINE 30 de Novembro do 2021 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

     

  62. Xornada de traballo para facer propostas á liña de agroambientais para a venda directa

    Non hai imaxe 30 de Novembro do 2021 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, conseguir unha axuda a tanto alzado, e non por hectárea, para os pequenos proxectos agrícolas sempre foi unha loita histórica. Conseguimos que se consideren estas axudas a tanto alzado, pero non é o que o SLG propoñía nun inicio, co que queremos enviar alegacións e queremos ter en conta a túa opinión.

     

  63. Esiximos ao Ministerio mecanismos oficiais para establecemento de custos e obrigatoriedade de prezos xustos

    LEITE_lUGO2 27 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.

  64. O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    IsabelVilalba_nov21 24 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.

  65. 25N: Unindo forzas para visibilizar e esixir medidas para rematar ca lacra da violencia machista

    25N21- 24 de Novembro do 2021 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e o movemento labrego internacional La Vía Campesina (LVC), neste día 25 de Novembro, Xornada Mundial pola eliminación da violencia contra as mulleres, animamos a seguir unindo forzas e loitando por sociedades conscientes e ceibes, sen explotación das mulleres e da natureza. Do mesmo xeito, denunciamos o sistema capitalista, heteropatriarcal, racista e colonizador que explota, oprime e atenta contra a vida das mulleres e da humanidade.

  66. Alianza entre consumidoras e produtoras para salvar ao sector leiteiro: boicot ás empresas que desprezan o leite galego

    lactalis19nov21 19 de Novembro do 2021 · 

    Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.

  67. Chamamos ao boicot dos productos lácteos de LACTALIS-PULEVA

    non merques lactalis 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.

     


  68. O SLG apoia a Folga Xeral comarcal na Mariña

    folga xeral mariña 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.

  69. Veciñanza afectada e SLG denunciamos irregularidades na exposición pública dos parques eólicos Mistral e Nordés

    Dificultades alegacións 16 de Novembro do 2021 · 

    O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).

     

     

  70. Unindo forzas a nivel global contra o espolio do medio rural

    CNI_16-17 15 de Novembro do 2021 · 

    A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro

     


  71. Esiximos un verdadeiro plan de restauración da mina de Touro (Atalaya Mining)

    PDRA_131121 13 de Novembro do 2021 · 

    O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e  desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea

  72. MANIFESTACIÓN 13N Compostela: polo fin dos recortes nas pensións públicas e contra os Plans de Pensión Privados de Empresa

    MODEPEN 13N 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) participará na manifestación convocada para este sábado 13 de novembro ás 12h en Santiago de Compostela, mobilización que será levada adiante simultaneamente en numerosas capitais de todo o Estado.

  73. O SLG desenvolve unha folla de ruta en defensa das granxas galegas, cunha aposta central pola unidade de acción

    tratorada_virtual 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.

  74. A solicitude do SLG, o Ministerio para a Transición Ecolóxica ordena estudar o impacto das estruturas de explotación enerxética nas Reservas da Biosfera

    EstudoBiosfera 9 de Novembro do 2021 · 

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.

  75. O Sindicato Labrego lanza a todo o sector lácteo unha proposta clara de unidade de acción arredor de seis puntos mínimos

    concentra_leite_lugo 5 de Novembro do 2021 · 

    O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.

  76. Endesa encarga investigacións para identificar e neutralizar colectivos sociais que dinamizan a resistencia contra a invasión eólica

    faixa eólicos non 5 de Novembro do 2021 · 

    Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.

  77. Alegamos contra a creación dunha nova balsa de residuos da mina de Touro-O Pino

    Balsa residuos-drenaxe 29 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).

  78. O SLG traballa pola unidade de acción do sector lácteo como única vía para rachar coa actual folla de prezos

    IsabelVilalba_Lugo 29 de Outubro do 2021 · 

    Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.

  79. A Rede Galega Stop Eólicos chama a intensificar a loita frente a estratexia de desmobilización da Xunta

    rede galega stop eolicos 26 de Outubro do 2021 · 

    Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.

  80. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

    Mistral Non 25 de Outubro do 2021 · 

    Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

  81. 28 Out:Convocamos ao sector leiteiro galego fronte á discriminación da PAC2023

    Lugo28-out 25 de Outubro do 2021 · 

    Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.

  82. Comunicado a raíz da retirada a unha muller da custodia do seu fillo por vivir no que a xuíza considera a Galiza “profunda”

    Custodia 25 de Outubro do 2021 · 

    Canda a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores AGAMME e outras organizacións sociais do país emitimos un comunicado conxunto para solicitar a acción institucional fronte a unha sentenza de custodia que discrimina  a unha nai que vive no rural galego.

  83. O SLG rexeita o acordo dun Plan Estratéxico Estatal da PAC catastrófico para Galiza e esixe máis negociación

    esta_PAC_non_se_entende 20 de Outubro do 2021 · 

    Diante do previsíbel peche das negociacións sobre a aplicación da próxima Política Agrícola Común no estado español, o Sindicato Labrego Galego quere facer constar que os indicios, na forma dos documentos publicados até o de agora, sinalan con claridade para un Plano Estratéxico mui discriminatorio cara a Galiza.

  84. A Rede Galega Stop Eólicos declara a situación de emerxencia social ante a INVASIÓN EÓLICA do medio rural

    MapaInvasiónEólica 20 de Outubro do 2021 · 

    Dúas representantes da Rede Galega Stop Eólicos (RGSE), Margarida Prieto Ledo (SLG) e Bruno Centelles (SOS Groba e Instituto de Estudos Miñoráns ), denunciaron en rolda de prensa en Santiago de Compostela a situación de emerxencia social na que se atopa o noso país diante da invasión eólica da que está a ser obxecto o medio rural galego.

  85. Acadamos o compromiso do CGBS de informar sobre o novo modelo de residencias, SAAD e fondos Next Generation

    cgbs 19 de Outubro do 2021 · 

    Margarida Prieto Ledo, vogal do Consello Galego de Benestar Social (CGBS) en representación do Sindicato Labrego Galego, denunciou no pleno celebrado na mañá de hoxe a falta de transparencia deste órgano, que rexeitou xa en dúas ocasións atender solicitudes directas de información sobre cuestións como a Lei de Dependencia, o modelo de residencias ou a adxudicación de fondos europeos Next Generation. Logo de que a vogal do SLG reiterara estas solicitudes de información, o CGBS comprometeuse a tratar estes temas no pleno que terá lugar o vindeiro mes de novembro.

  86. A Comisión Contra as Minas da Terra Chá denuncia actividade mineira ilegal na parroquia de Goá

    PlenoCospeito 17 de Outubro do 2021 · 

    Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.

  87. O Sindicato Labrego Galego apoia a mobilización comarcal en demanda de “Futuro para a Mariña”

    manifestación a mariña 17 out 16 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 17 de outubro en Viveiro convocada polas entrais sindicais de clase na que se vai demandar unha resposta das administracións públicas para frear  revertir a dinámica de retroceso económico e laboral que se vive na Mariña.

  88. Xunta e Ministerio negocian unha PAC catastrófica para Galiza: inxusta, discriminatoria e ao servizo da agroindustria

    pac7out21 7 de Outubro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, a responsábel de Política Agraria Común no SLG, Ana Rodríguez e Adolfo Cabarcos, membro da Executiva Nacional e da Dirección da carne do SLG, denunciaron  en rolda de prensa en Santiago de Compostela que as propostas para a nova PAC presentadas esta semana polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación supoñen “un absoluto desastre para Galiza”.

  89. Xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía

    sectmull1out 4 de Outubro do 2021 · 

    O venres 1 de outubro tivemos xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía. Analizamos cuestións como as dificutades e vantaxes de ter un proxecto no rural como mulleres labregas.

  90. Esiximos criterios axustados á realidade galega na xestión do lobo

    lobo 28 de Septembro do 2021 · 

    Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.

  91. A veciñanza de Aldurfe fai fronte á Consellaría e oponse á construción da planta de transferencia de SOGAMA

    aldurfe 27 de Septembro do 2021 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.

  92. Contra a cobiza do oligopolio enérxético. Non á privatización dos lagos de Meirama e As Pontes

    ConcentraciónAugasDeGalicia 22 de Septembro do 2021 · 

    Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.

  93. EXPLOTA-SCORE: A denuncia dos abusos de SUREXPORT chega aos supermercados

    SurexportCarriño 20 de Septembro do 2021 · 

    No marco da campaña de denuncia da metodoloxía neoescravista practicada pola multinacional onubense SUREXPORT instalada na Terra Chá, levamos agora ás superficies comerciais a campaña de denuncia a pé de rúa iniciada o pasado 18 de agosto.

  94. Denunciamos a reincidencia de Corcel Minerals SL/ Eurobattery Minerals AB na execución de prospeccións ilegais en Santa Comba e Coristanco

    sondaxesilegaisCORCELMINERALS 16 de Septembro do 2021 · 

    Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.

  95. O SLG urxe a impedir un novo ataque do oligopolio eólico á comarca da Mariña

    greenalia-borrasca 8 de Septembro do 2021 · 

    Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.

  96. A Política Agrícola Común que soñamos

    PAC 31 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego (e outras organizacións coas que traballamos a nivel galego, estatal e europeo) quere outra PAC. Cremos que é posible e que é imprescindible se queremos frear a desaparición das pequenas granxas como produtoras de alimentos e non deixar grandes extensións de territorio e a nosa comida en mans da agroindustria.

  97. SLG denuncia a ameaza de dous parques eólicos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

    stop eolicos 28 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.

  98. Lidl, Alcampo, Eroski, Gadis e Froiz vulneran o acordo lácteo ante a permisividade da Xunta de Galicia

    Leite_270821 27 de Agosto do 2021 · 

    Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.

     


  99. Eu non cobro a PAC

    EuNonCobroPAC 25 de Agosto do 2021 · 

     O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a Política Agraria Común (PAC). Cun ton retranqueiro salpicado por abondosos datos oficiais, esta peza audiovisual apóiase nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quenes realmente deberían obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario.

  100. Esiximos o inmediato esclarecemento das circunstancias do falecemento dun traballador de SUREXPORT na Terra Chá

    surexportarquivo2 24 de Agosto do 2021 · 

    O pasado venres 20 de agosto faleceu na Terra Chá un traballador de Surexport de 27 anos. Xa pasaron varios días deste gravísimo suceso, e nin dende a empresa nin dende a Consellaría de Emprego e Igualdade, Inspección ou Ministerio de Traballo se está a proporcionar información que esclareza o acontecido.

     


  101. A Xefatura Provincial de Lugo tira dun Decreto de 1986 para non atender as necesidades do transporte escolar rural

    ParadaActualCruce 19 de Agosto do 2021 · 

    Solicitamos á Consellaría de Infraestructuras e Mobilidade e á Xefatura Provincial de Lugo a atención inmediata á solicitude das familias das dúas únicas crianzas que collen o bus escolar no barrio de A Casanova – Noche (Terra Chá), que arestora teñen que facelo lonxe das súas casas nun cruce perigoso, malia a que o percorrido do bus pasa por diante das súas casas.

  102. Denunciamos a explotación laboral e o espolio de recursos naturais da agroindustria SUREXPORT na Terra Chá

    surexpor180821 18 de Agosto do 2021 · 

    Organizacións galegas articulamos unha fronte común aberta para denunciar a explotación laboral e a destrucción medioambiental da empresa onubense EUROEXPORT na Terra Chá. Iniciamos mobilizacións repartindo información na feira de Castro Ribeiras de Lea e concentrándonos diante da sede desta agroindustria no Polígono de Castro.

  103. Contra a explotación e o espolio agroindustrial. SUREXPORT FÓRA DA GALIZA!

    surexport1 17 de Agosto do 2021 · 

    Dende mediados do pasado mes de xullo diversas organizacións galegas vimos articulando unha fronte común para denunciar as graves prácticas que a empresa SUREXPORT está a levar a cabo na Terra Chá. O mércores 18 de agosto iniciamos campaña de mobilizacións a pé de rúa para denunciar os abusos desta agroindustria.

  104. O SLG recebe con cautela que a 'Conta Láctea' vaia ser unha ferramenta efectiva para negociar coa industria

    contalactea_screenshot 5 de Agosto do 2021 · 

    Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.

  105. O desleixo dos Ministerios de Interior e Transición Ecolóxica deriva en multas contra as agricultoras/es da Limia

    Comarca da Limia 31 de Xullo do 2021 · 

    Agricultoras e agricultores da comarca da Limia están a ser obxecto de multas por parte do Seprona por regaren os seus cultivos con auga do pozo. Instamos aos Ministerios de Interior e de Transición Ecolóxica a establecer os acordos precisos para cumprir co compromiso de abastecemento de rego, contraído pola Administración hai xa máis de tres décadas.

  106. O SLG demanda novas medidas de apoio ao sector de vacún de carne diante da crise da Covid-19

    concentra_carne_lalin 30 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.

  107. Sindicato Labrego denuncia impagos da Tegestacín SL e esixe medidas por parte da Consellaría

    concentra_tegestacin 29 de Xullo do 2021 · 

    A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.

  108. SLG chama as granxas a demandar da industria unha actualización de prezos acorde cos custos de produción

    frisona leite 22 de Xullo do 2021 · 

    A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.

  109. Desmantelada para chatarra a planta de tratamento de Varilongo que levou máis de medio millón de euros da Xunta

    Varilongo 17 de Xullo do 2021 · 

    A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.

  110. O SLG esixe á Xunta investigar e actuar diante dos indicios de abusos nos campos da Surexport

    Surexport 17 de Xullo do 2021 · 

    O relato recolle un ambiente en que "as ameazas de calquera tipo eran constantes" e dirixidas, especialmente, ás persoas migrantes. "Fomentan unha competitividade extrema" coa ameaza do despedimento "se non recolles cantidades desorbitadas de arando en xornadas de 12 horas". Partindo dun contrato de 39 horas, a empresa presiona para facer horas extras que poden chegar a igualar as horas ordinarias dunha xornada e que, porén, son pagadas "a seis euros, cando o estipulado é a doce euros".

  111. Cambiar todo para non cambiar nada: Unha ‘nova’ PAC para os grandes terratenentes e perceptores

    Manifestación PAC Lisboa 16 de Xullo do 2021 · 

    O 14 de xullo, durante a Conferencia Sectorial de Política Agraria Común coas conselleiras e conselleiros de Agricultura das 17 comunidades autónomas, o ministro presentaba en Madrid a Proposta de Acordo para a elaboración do plano estratéxico da Política Agraria Común. Mentres o conselleiro, José González, celebraba a "boa sintonía", o ministro aproveitaba para lanzar unha serie de slogans sobre a natureza "igualitaria", "xusta" ou "ecolóxica" da PAC, que se desmenten a pouco que se afonde nos desenvolvementos concretos desta.

  112. O SLG pide a retirada da campaña #MenosCarneMásVida do Ministerio de Consumo por enganosa e falaz

    Rubia Galega 9 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.

  113. As granxas de leite galegas perden 10 millóns de euros cada ano por non cubrir os custes de produción

    Becerro frisón 5 de Xullo do 2021 · 

    O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.

  114. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

    Sondaxes ilegais 3 de Xullo do 2021 · 

    Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

  115. O SLG organiza un seminario europeo para analizar a PAC no que contará con especialistas de varios países da UE

    Manifestación PAC Lisboa 1 de Xullo do 2021 · 

    Conscientes da transcendencia que ten a actual etapa de cara a deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) que rexerá a agricultura dos países da UE até 2027, dende o Sindicato Labrego Galego organizamos un seminario internacional baixo o título “Máis labregas = Mellores alimentos. Como a PAC deseña as nosas producións, paisaxes e alimentos”. A intención do seminario, que se celebrará os días 2 e 3 de xullo no Museo do Pobo Galego (Compostela), é analizar o impacto que leva anos tendo a PAC no noso sistema agrario e alimentario e tentar fixar as claves de cales son as mudanzas necesarias para que beneficie, realmente, o acceso a alimentos sans e de calidade a toda a cidadanía respectando a dignidade e importancia dos labregos e das labregas.

  116. 27 de xuño: Manifestación en defensa duns servizos públicos dignos de atención á dependencia na Galiza

    Plataforma Servizos Públicos Dependencia 21 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións constituíntes da nova Plataforma Galega polos Servizos Públicos de Dependencia (PGSPD) que, de cara a canalizar a demanda social que existe para este sector fundamental nos coidados de persoas maiores e dependentes, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo, 27 de xuño, en Compostela. De seguido, compartimos o manifesto de constitución da PGSPD.

  117. O SLG reclama inventario urxente dos danos causados pola sarabia na Ribeira Sacra e axudas para paliar as perdas

    Sarabiada 17 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego reclama da Consellaría de Medio Rural que, con carácter de urxencia, realice unha avaliación dos danos sufridos pola sarabiada de onte, 16 de xuño, no concello de Chantada, que arrasaron unha das principais zonas produtoras de uva da denominación de orixe Ribeira Sacra, especialmente a parroquia de San Fiz e outras veciñas como Sabadelle, Belesar, San Vitorio ou Pesqueiras, nas subzonas de Chantada e Ribeiras de Miño; e que poña en marcha unha liña de axudas para paliar os danos e as perdas sufridas.

  118. O SLG denuncia sondaxes ilegais que afectan os recursos hídricos de nove familias en Santa Comba e Coristanco

    Sondaxes ilegais 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.

  119. O SLG estivo en Lisboa para defender unha nova PAC na manifestación da Coordinadora Europea da Vía Campesina

    PAC 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) que apoiou coa súa presenza, o 14 de xuño, a manifestación de Lisboa en demanda dunha nova Política Agraria Común (PAC) feita atendendo aos intereses dos labregos e das labregas, á soberanía alimentaria dos pobos de Europa e que deixe de marxinar a Galiza. Tamén estiveron delegacións do Sindicato de Obreiros e Obreiras do Campo de Andalucía (SOC), COAG, EHNE Bizkaia, Confédération Paysanne e, por suposto, contamos coa acollida da Confederação Nacional de Agricultura (CNA).

  120. Un gandeiro de Forcarei e unha gandeira de Chantada, novas responsábeis do Sector Lácteo do Sindicato Labrego

    Congreso do Leite do SLG 11 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

  121. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

    Yes to Life No to Mining 10 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

  122. Nin un eólico máis, nin unha ocupación máis dos nosos montes e agras. Marcha o 5 de xuño!

    Marcha contra os eólicos 1 de Xuño do 2021 · 

    Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA  como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.

  123. Seminario Europeo online "Europa non quere labregas: Como a PAC discrimina as mulleres"

    Seminario europeo machismo PAC 31 de Maio do 2021 · 

     

    A finais de marzo, a secretara xeral do SLG, Isabel Vilalba, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro, denunciaban diante da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura como a Política Agraria Común (PAC) discriminaba as mulleres. Agora, para afondar neste nicho de desigualdade, organizamos este seminario europeo, o 23 de xuño, no que analizaremos polo miúdo como as políticas europeas no agro axudan a perpetuar a fenda que afasta homes e mulleres tamén nas profesións agrarias. Se precisas máis información ou queres inscribirte, faino en: derural@sindicatolabrego.gal

  124. As últimas novidades sobre o proceso do X Congreso do SLG ou da Política Agraria Común no Fouce 334

    Portada Fouce 334 25 de Maio do 2021 · 

    Vimos de recibir o número 334 do Fouce, no que continuamos informando do proceso do X Congreso do SLG, con reportaxes sobre a Asemblea Xeral do Viño e do Congreso de Vacún de Carne. Ademais, publicamos toda a documentación sobre o Congreso do Leite, que se celebrará o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra). Completamos con informacións sobre a avalancha eólica, a moratoria dos eucaliptos, as últimas xornadas de granxas abertas ou as denuncias sobre o machismo da PAC. E falando de Política Agraria Común, no Editorial adiantamos as últimas novidades que coñecemos na xuntanza co conselleiro de Medio Rural, o 21 de maio, que indican que o Ministerio de Agricultura está trampeando para volver argallar unha PAC do máis lesiva e discriminatoria para Galiza. Se xa queres ler o teu exemplar, descárgao na icona que atoparás no remate desta páxina.

  125. Xa dispoñibles os vídeos das xornadas sobre normativa hixiénico-sanitaria das producións alimentarias artesás

    Animais de granxa 18 de Maio do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das organizacións que colaborou na organización e realización dunhas xornadas teórico-prácticas sobre a normativa hixiénico-sanitaria nas producións alimentarias artesanais. Dado o enorme interese que suscitaron en todo o Estado, obrigándonos a limitar o acceso debido á alta demanda de participación, decidimos agora publicar os vídeos do que deron de si estes tres días de información e diálogos ao redor dun marco normativo do que depende a economía de miles de proxectos agrogandeiros no Estado.

  126. A NOVA REFORMA DA PAC, NIN SOCIAL NIN VERDE

    PAC 1 de Decembro do 2020 · 

    As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.

  127. AS PROPOSTAS LEXISLATIVAS PARA REGULAR A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN PAC 2020-2027

    Normativa 13 de Outubro do 2020 · 

    Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.

  128. Os papeis da PAC (e 4): Os puntos quentes do debate estatal, a finais de 2020, para o Plan Estratéxico

    Horta 12 de Outubro do 2020 · 

    Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.

  129. O SLG fai unha rolda de xuntanzas cos partidos políticos do Parlamento de Galiza para formar unha fronte común na PAC

    SLG Parlamento 12 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).

  130. Carta do SLG e da ECVC á e aos representantes de Galiza no Parlamento Europeo en defensa dunha nova PAC

    Parlamento Europeo 11 de Outubro do 2020 · 

    En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:

  131. Os papeis da PAC (3). A proposta do SLG: Unha PAC ao servizo das persoas e do territorio

    Vacas 11 de Outubro do 2020 · 

    A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar. 

  132. Os papeis da PAC (2): Os principais cambios da nova Política Agraria Común con respecto á anterior

    Vacas de carne 10 de Outubro do 2020 · 

    O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).

  133. Os papeis da PAC (1): Os prazos da nova PAC 2023-2027 e o período transitorio 2021-2022

    Parlamento Europeo 9 de Outubro do 2020 · 

    As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  134. PAC 2020-2027: Que defendemos en Europa?

    PAC 8 de Outubro do 2020 · 

    A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.

  135. PAC 2020-2027: Que defendemos en Galiza para a inclusión no Plan Estratéxico Estatal?

    PAC 7 de Outubro do 2020 · 

    Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:

  136. PAC 2020-2027: As mulleres nesta Política Agraria Común

    Mulleres e PAC 6 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.

  1. Surexport Huelva

    A agroindustria de froitos vermellos: Máis Escravitude, Menos Dereitos

    17 de Abril do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego participou nunha delegación internacional de La Vía Campesina (LVC) que se desprazou durante a primeira semana de abril a Huelva (Andalucía) e Odemira (Alentejo-Portugal) para coñecer, sobre o terreo, as condicións das persoas traballadoras, na súa maioría inmigrantes, da produción de amorodo e outros froitos vermellos nesas rexións. 

  2. Eco_Ralea_Umbrío

    Invasión eólica: campaña de alegacións aos novos parques Ralea, Eco e Umbrío (Lugo e León)

    11 de Febreiro do 2022 · 

    Iniciamos unha campaña de alegacións para activar a acción social contra a imposición dos parques eólicosparques eólicos Ralea, Eco e Umbrío, da empresa madrileña Green Capital Development, con impactos sobre a poboación, biodiversidade e patrimonio das provincias de Lugo e León.

  3. Non hai imaxe

    A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

  4. macroeólicosnonn

    Rexistramos 82 solicitudes de moratoria eólica nos concellos das Reservas da Biosfera galegas

    14 de Xaneiro do 2022 · 

    Procurando acadar o compromiso das administracións públicas de non aceptar máis parques eólicos até que sexa realizado o informe do Comité Científico, actuamos aa través da campaña lanzada dende ALIENTE rexistrando 82 solicitudes de adhesión dirixidas aos concellos galegos ubicados en territorios Reserva da Biosfera.

  5. XuntanzaMuimenta

    O TCA de Lugo declara caducadas as declaracións de impacto ambiental das concesións da empresa mineira ERIMSA na Terra Chá

    23 de Novembro do 2021 · 

    A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo vén de ditar unha nova sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto “Pastoriza 5562” por parte do Concello da Pastoriza.

  6. anamurimulleres

    A Política Agrícola Común é feminista? Análise das propostas do Plan Estratéxico do Estado Español

    31 de Agosto do 2021 · 

    O Plan Estratéxico da PAC que está elaborando o Ministerio de Agricultura no Estado Español, no subgrupo de traballo do obxectivo específico 7, “Atraer aos xoves agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial do medio rural”, inclúe a perspectiva de xénero e o despoboamento. No documento do Ministerio dise “se ben é certo que a proposto de regulamento dos plans estratéxicos da PAC non contempla entre os seus obxectivos específicos estes dous aspectos, España solicitou a súa inclusión por dous motivos: en primeiro lugar, para visualizar o papel tan importante que desempeñan as mulleres no medio rural (...).

  7. sem

    O seminario 'Máis Labregas = Mellores alimentos' no Fouce 335

    31 de Agosto do 2021 · 

    O vixente número do Fouce recolle unha crónica do seminario celebrado en Compostela nos pasados 2 e 3 de xullo, en que se colocou en cuestión a xénese, nesgos, limitacións e consecuencias dunha Política Agraria Común que se converte unha e outra vez en instrumento ao servizo do produtivismo e da agroindustria.

  8. Centro de Día

    O SLG pide ao Concello de Vilalba que apoie o plan para o coidado de persoas maiores diante do acordo concitado

    14 de Maio do 2021 · 

    Dende que o Sindicato Labrego Galego rexistrou senllos escritos remitidos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e á conselleira de Política Social, Fabiola García, solicitándolle a elaboración dun plan de dotación de centros de día para Vilalba, o apoio de diversos partidos políticos municipais non deixou de sucederse. Dende o SLG, tivemos constancia, do seu acordo coa proposta, do Partido Popular e de Vilalba Aberta, ademais do expresado pola conselleira de Política Social, Fabiola García.

  9. AEAT

    A AEAT torpedea a incorporación de mozos e mozas ao agro ao gravar a transmisión de dereitos de pago único

    12 de Maio do 2021 · 

    O pasado mes de marzo, dende o SLG eloxiabamos as primeiras resolucións do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galiza (TEAR-G) que estimou as reclamacións interpostas contra as liquidacións de IRPF que fixera a Axencia Tributaria polas transmisións de dereitos de pago único entre cónxuxes casados en réxime de gananciais, que dende o SLG considerabamos inxustas

  10. Ingreso Mïnimo Vital

    O SLG denuncia unha nova obriga burocrática que lastrará máis as persoas que perciben o Ingreso Mínimo Vital

    7 de Maio do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere denunciar unha nova agresión do Goberno do Estado contra os colectivos máis vulnerábeis, neste caso, contra as persoas que cobran o Ingreso Mínimo Vital (IMV), a quen lles están obrigando a presentar a Declaración da Renda, tanto aos homes e mulleres que perciben este subsidio como a todas as persoas que conviven1 con eles e elas, incluídas as menores de idade.

Arquivo