A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Eu non cobro a PAC

Eu non cobro a PAC

25 de Agosto do 2021

EuNonCobroPAC

 O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e a Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) lanzan un vídeo informativo sobre a Política Agraria Común (PAC). Cun ton retranqueiro salpicado por abondosos datos oficiais, esta peza audiovisual apóiase nun ritmo dinámico que guía un fío explicativo freado polo apunte constante de que, quenes realmente deberían obter un financiamento público, é dicir, as pequenas e medianas explotacións que fixan poboación, producen alimentos de calidade, respectan o medioambiente e manteñen un medio rural vivo, non son as principais receptoras das achegas económicas da PAC, máis ben todo o contrario.

 

O impacto medioambiental das actuais políticas agrarias, as carencias nutritivas da alimentación agroindustrial, o inxente consumo de antibióticos animais e pesticidas, o aumento exponencial do CO2 na atmosfera e a súa relación co quecemento global, pero tamén o poder dunhas poucas empresas para fixar os prezos dos alimentos, a explotación laboral nos campos agroindustriais, o monopolio do eucalipto ou a perda de polinizadores, debuxan unha amena análise da PAC que permite obter algunhas das claves máis importantes para as labregas e labregos galegos, en menos de oito minutos.

 

Merecemos unha PAC sostible, que respecte e coide o noso territorio, que manteña vivo o rural.

Necesitamos máis labregas e labreos e mellores alimentos.

Queremos Soberanía Alimentaria XA!

Globalicemos a loita, globalicemos la esperanza!

 

O vídeo foi realizado por Illa Bufarda, e presentado no Seminario Europeo "Máis labregas = Mellores alimentos".

 

 

 

VÍDEO DISPOÑÍBEL en Youtube

Con subtítulos ES AQUÍ (en Youtube) e AQUÍ (en Vimeo)

 

 

 

logosproxectoeuropeo