A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía

Xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía

4 de Outubro do 2021

sectmull1out

O venres 1 de outubro tivemos xuntanza da Secretaría das Mulleres en Xunqueira de Ambía. Analizamos cuestións como as dificutades e vantaxes de ter un proxecto no rural como mulleres labregas.

Falamos das problemáticas de comezar unha actividade ou de facer no día a día .... E tamén das cousas a valorar da vida das labregas. Traballamos sobre as dificutades para levar a cabo proxectos, pero tamén puxemos en valor as vantaxes de ter un proxecto no rural como mulleres labregas.

Nas dificutades a principal é o tema burocrático, nas axudas que están enfocadas en xeral para grandes investimentos, a dificultade para a transformación a non adaptación da cotización por ingresos ou por beneficio, ou que a PAC non chega a xente que se instala de novo e é moi inxusta. 

 

Ramatamos a xornada coa visita a unha muller con diversidade multifuncional que está cun proxecto de artesanía na zona.

 

 secretmull1out21

 secretmull1out21-3

 

secretmull1out21-2