A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG apoia a Folga Xeral comarcal na Mariña

O SLG apoia a Folga Xeral comarcal na Mariña

17 de Novembro do 2021

folga xeral mariña

O Sindicato Labrego Galego comparte as análises e a diagnose que levaron ás organizacións sindicais de clase CIG, CCOO e UGT a convocar a Folga Xeral comarcal do próximo 17 de novembro, en contra do abandono e a desatención por parte dos poderes públicos das reiteradas demandas da cidadanía mariñá na situación de crise industrial, económica e social que atravesa a comarca.

Alén diso, o medio rural nesta comarca, e nomeadamente a agricultura e gandeiría, está a sufrir desde hai décadas os ataques das políticas neoliberais europeas e estatais, que están arruinando e facendo pechar a un grande número de explotacións. Exemplo evidente disto, aínda que non o único, é a situación pola que atravesa o sector gandeiro nestes momentos, no que os prezos percibidos polas explotacións non chegan a cubrir os custes de produción.
Por outra parte, o desmantelamento dos servizos públicos, que se nos presentan como inevitables coa escusa da COVID e da pretendida dixitalización dos mesmos, teñen consecuencias máis duras para as persoas que viven e traballan no medio rural dificultando o acceso e privando de dereitos a amplos sectores da poboación.
Máis o medio rural, e a agricultura e gandeiría labrega, debe formar parte da solución á  situación que vive a nosa comarca, como garante dun modelo de produción de alimentos sostible e de proximidade aos cidadáns e cidadás, integrada no seu entorno, sostén de postos de traballo e criadora de riqueza valorizando os recursos locais.
Nese sentido demandamos:
Reactivación do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias para a investigación, docencia e divulgación en materia de agroecoloxía.
Plan de recuperacións de terras agrarias.
Recuperación do persoal e da atención presencial nas Oficinas Agrarias Comarcais de Viveiro, Foz, Mondoñedo e Ribadeo.
As labregas e labregos tamén queremos FUTURO PARA A MARIÑA.