A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O TCA de Lugo declara caducadas as declaracións de impacto ambiental das concesións da empresa mineira ERIMSA na Terra Chá

O TCA de Lugo declara caducadas as declaracións de impacto ambiental das concesións da empresa mineira ERIMSA na Terra Chá

23 de Novembro do 2021

XuntanzaMuimenta

A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo vén de ditar unha nova sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto “Pastoriza 5562” por parte do Concello da Pastoriza.

A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo vén de ditar unha nova sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto “Pastoriza 5562” por parte do Concello da Pastoriza; e contra o Sindicato Labrego Galego, que compareceu no proceso como parte interesada canda o concello solicitando tamén a denegación do permiso.

O Concello da Pastoriza denegou o permiso de explotación na concesión “Pastoriza 5562” -que afecta os concellos de A Pastoriza e Riotorto-, alegando que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA), que databa do ano 2005, estaba caducada, e que o informe da Consellaría de Medio Rural era negativo, ao pretender realizarse as extraccións de seixo en solo rústico de especial protección agropecuaria no que se fixeron grandes investimentos en procesos de concentración parcelaria.

Ademais de desestimar o recurso de ERIMSA, a xuíza María de los Ángeles Braña tamén impuxo o pagamento das costas do proceso xudicial á compañía mineira.

Esta nova sentenza contra as prácticas espoliadoras da empresa mineira ERIMSA -de orixe noregués e integrada arestora na na multinacional china Blue Star- vense engadir á coñecida xa no mes de abril , cando tivemos coñecemento do primeiro pronunciamento no mesmo sentido no caso da concesión Alicia 5917, que afecta os concellos de Abadín, Castro de Rei, A Pastoriza e Vilalba, ao considerarse tamén que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) estaba caducada.