A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. “Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”

“Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”

17 de Xuño do 2022

CEVC

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas acollerá dende o vindeiro martes 21 de xuño unha delegación internacional da Coordenadora Europea do movemento labrego mundial La Vía Campesina (CEVC), da que o SLG-CCLL forma parte.

Integrada por representantes do Grupo de Traballo de Migración e Traballo Rural da CEVC, así como de organizacións a nivel estatal (citar organizacións?), esta delegación de persoas participará na xornada aberta ao público “Agroecoloxía ou barbarie. Como nos maltrata a agroindustria”, que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro mércores 22 de xuño, de 10.20h. a 17.30h., no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (Belvís).

 

Este encontro aberto, canda as xuntanzas e distintos espazos de traballo que partillarán as distintas organización acollidas polo SLG-CCL, terá como obxectivo analizar o modelo agroindustrial dende a perspectiva da produción labrega, dos dereitos laborais, dos dereitos das mulleres, do medioambiente e da Soberanía Alimentaria dos pobos, recollendo insumos para elaborar colectivamente unha estratexia común de loita contra a Agroindustria, así como de defensa do modelo de produción labrega e agroecolóxica.

 


Programa da xornada dispoñíbel no documento adxunto.

Ficheiro adxunto