A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. As organizacións sociais integrantes do Consello Galego de Benestar Social bloquean a proposta de financiamento da Xunta para o SAF por ser das máis baixas do estado e non garantir salarios dignos para as traballadoras

As organizacións sociais integrantes do Consello Galego de Benestar Social bloquean a proposta de financiamento da Xunta para o SAF por ser das máis baixas do estado e non garantir salarios dignos para as traballadoras

24 de Febreiro do 2023

CGBS2

O texto foi rexeitado con 13 abstencións e cinco votos en contra dos 27 emitidos

Como é sabido, e padecido, a día de hoxe as políticas de atención á dependencia da Xunta de Galicia son totalmente deficientes. As persoas que precisan esta asistencia urxentemente son abandonadas durante meses en listas de espera, o financiamento do servizo é manifestamente insuficiente e, ademais, cando a Xunta fai propostas non se trata de medidas que aporten solucións reais, senón meros parches, cando non textos que son presentados como grandes avances pero agochan recortes, como foi do Decreto que regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e aorganización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, no que ao ler o borrador descubrimos que pretendía unificar o recoñecemento do grao de dependencia e a aprobacion do Programa Individual de Atención (PIA) nun so , impedindo a percepción de atrasos por parte das persoas usuarias.

Fai catro anos, solicitouse neste Consello un debate en profundidade para realizar unha avaliación conxunta e unha reflexión global sobre o desenvolvemento do Sistema para Autonomía e Atención a la Dependencia (SAAD) e, en xeral, da atención á dependencia na Galiza, por parte de quen preside este Consello houbo o compromisor reiterado  en varias ocasions de poñer a andar un grupo de traballo pero Pleno tras plenos fóisenos dando largas sen concretar ese grupo.

Dende as organizacións sindicais que suscribimos esta nota estamos fartas de que se nos tome o pelo, de que se nos pretenda utilizar como marionetas para validar e blanquear as súas politicas de recortes, mentras as persoas dependentes, morren esperando a que se lles chame para a valoración do grao ou aprobe un PIA, acaban tendo que reclamar no xuzgado os seus dereitos eles ou en moitos casos os seus familiares.

De feito, son varios xa os fallos xudiciais condenando a Xunta a pagar atrasos, sentenzas sistematicamente recurridas polos servizos xurídicos da Xunta, que non só  non está a implementar uns servizos que garantan os dereitos recollidos na Lei de dependencia, senón que ademais emprega os cartos de todas e todos nós para exercer violencia  intitucional nos xuzgados contra as persoas e as súas familias cando a xustiza confirma que a Administración pública está a vulnerar os seus dereitos”.

Por iso, cos nosos votos en contra e 13 abstencións, foi rexeitado o Proxecto disposición administrativa de carácter xeral pola que se modifica o módulo de financiamento do servizo de axuda no fogar das persoas en situación de dependencia que a Xunta quere fixar en 12 euros. Actualmente noutras comunidades estanse licitando por encima dos 18 euros a hora para poder garantizar a subida do IPC e cumprir os convenios, polo tanto a subida a 12 euros da aportación da Xunta é totalmente insuficiente, e aboca os concellos a unha situación insostible o ter que facer eles fronte a suba.

Fai apenas uns meses grande parte da poboación deixou ben claro que apoia as reivindicacións destas traballadoras, na súa meirande parte mulleres, e que realizan un dos traballos desta sociedade: coidar. Para que os salarios destas traballadoras cumplan ca suba do IPC dos dous ultimos anos, que ronda o 12%, ten que incrementarse a aportación da Xunta que na actualidade é das mais baixas do Estado (Madrid 18.61 e Andalucia 15,45). A proposta de 12€/h. realizada hoxe pola Xunta é tan indignante que até a patronal se abstivo.

Denunciamos así mesmo o deficiente funcioamento do Consello Galego de Benestar Social, esiximos o cumprimento dos acordos aprobados no mesmo e apremiamos a que se doten de recursos reales e se poñan a traballar dunha vez para ter un Sistema de atención a Dependencia que de cobertura a todas as persoas dependentes, unha cobertura de calidade, e que as persoas non teñan que estar neses espera ou morrer antes de ter acceso as prestacións, e asímesmo se podan garantir salarios dignos e condicións dignas para as súas traballadoras do SAF.