A nova conselleira terá que enfrontar as consecuencias das irregularidades cometidas nas autorizacións de proxectos eólicos. Asociacións cidadás de toda Galicia conminan á nova conselleira a acordar un desenvolvemento eólico sostible
16 de Xuño do 2023
A nova conselleira terá que enfrontar as consecuencias das irregularidades cometidas nas autorizacións de proxectos eólicos. Asociacións cidadás de toda Galicia conminan á nova conselleira a acordar un desenvolvemento eólico sostible
Asociacións veciñais de afectados e afectadas polos proxectos eólicos de toda Galicia, apelan á nova conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a dialogar, atopar solucións á desastrosa xestión do departamento durante a xefatura de Francisco Conde, e acordar un desenvolvemento eólico sostible na nosa comunidade autónoma.
Os movementos veciñais agardan unha nova etapa que poña fin á situación xerada polo anterior conselleiro: confrontación coa cidadanía e intervencións xudiciais para emendar a política en materia eólica.
Lembran por exemplo, as sentenzas firmes do Tribunal Supremo e pendentes de execución respecto aos parques de Oribio (autorizado cunha declaración de impacto ambiental -DIA- “obsoleta e ineficaz”) e Sasdónigas (orden de desmantelamento do parque de Mondoñedo que leva catro anos funcionando a pesar de afectar ao Camiño de Santiago, xacementos e lagoas).
Agardan que Lorenzana non recorra e acepte as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que impide a repotenciación e aumento de aeroxeradores no parque de Corme e anula a autorización da poligonal de Campelo por “fragmentación indebida”, unha práctica para ocultar as dimensións do prexuízo e esquivar maiores requirimentos coñecida, aceptada e mesmo alentada pola Xunta.
Piden dilixencia e firmeza á Administración no seu deber de velar polo cumprimento das normas e ditames: o TSXG ordeou medidas cautelares respecto aos parques de Bustelo, Monte Toural e Campelo, e a propia Consellería se enfronta a unha denuncia por neglixencia “in vigilando” no parque Acibal, en Moraña, onde se destruíu importante patrimonio cultural.
Solicitan asemade, a revocación da concesión “vía express” e outras irregularidades administrativas amparadas na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas (como a “conxelación” dos dereitos fóra de prazo ata a obtención da Declaración e Impacto Medioambiental ou a garda dos depósitos económicos de garantía).
A Xunta de Galicia autorizou, antes do 23 de abril, 75 novos parques eólicos. Dos 36 proxectos ate hoxe coñecidos vía DOG, 30 xa teñen recursos de alzada presentados. Os afectados e afectadas recorrerán sucesivamente á vía xudicial ata paralizalos e conseguir unha planificación do sector acorde áo modo de vida e valores dos galegos e galegas.
Apoian:
ACOUGA: Asociación Galega de Consumidores e Usuarios
A Rente do Chan-Pladever
ADECOM - Asociación en defensa da Costa da Morte
Afectacion Ribeira Sacra, Ancares - Courel
Afectados de Paderne
Amil SEN Eólicos
Asociación Alegre
Asociación Ambiental Petón do Lobo
Asociación Amigos e Amigas dos Bosques "O Ouriol do Anllóns"
Asociación Cova Crea
Asociación Ecoloxistas en Acción "Atlántica e Verde" (10 grupos)
Asociación Gato-Seselle
Asociación Nove Refachos'
Asociacion Salvemos o Noso
Asociacioón Aire Limpo nas Mariñas Mandeo
Colectivo Foi polo Vento
Colectivo Un Vento Vén
Colectivo Veu Polo Aire
Comité de Defensa das Rías Altas
Encrobas viva
IEM - Instituto de Estudos Miñoráns
Monte Pindo Monte Natural
Plat para a Convivencia Ética coa Fauna Silvestre "Con Ética"
Plataforma Caíño Brancellao.
Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
Plataforma Terra Chá
Plataforma Terra-Chá
Rede do Rural
Plataforma SOS Groba
REDE GALEGA STOP EÓLICOS
Roxín Roxal
Salvemos a Comarca de Ordes
Salvemos o Iribio
Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo,
Sindicato Labrego Galego
SOS Serra da Groba
Veciños polo Rural.
Vendaval
Víctimas de la Justicia