A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería

Gandería

  1. As modificacións aprobadas na Lei da Cadea Alimentaria son insuficientes ao carecer de índices de custos de obrigatorio cumprimento

    PREZOSXUSTOSSLG 3 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.

  2. O SLG avanza en Chantada a campaña de solicitude de apoio aos concellos á moción de medidas urxentes para o sector leiteiro

    MocionchantadaLeite 1 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.

  3. O SLG inicia unha campaña de presentación de mocións para activar o apoio dos concellos ao sector leiteiro galego

    campaña mocións- 30 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.

  4. Esiximos ao Ministerio mecanismos oficiais para establecemento de custos e obrigatoriedade de prezos xustos

    LEITE_lUGO2 27 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.

  5. O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    IsabelVilalba_nov21 24 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.

  6. Alianza entre consumidoras e produtoras para salvar ao sector leiteiro: boicot ás empresas que desprezan o leite galego

    lactalis19nov21 19 de Novembro do 2021 · 

    Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.

  7. Chamamos ao boicot dos productos lácteos de LACTALIS-PULEVA

    non merques lactalis 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.

     


  8. O SLG desenvolve unha folla de ruta en defensa das granxas galegas, cunha aposta central pola unidade de acción

    tratorada_virtual 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.

  9. O Sindicato Labrego lanza a todo o sector lácteo unha proposta clara de unidade de acción arredor de seis puntos mínimos

    concentra_leite_lugo 5 de Novembro do 2021 · 

    O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.

  10. O SLG traballa pola unidade de acción do sector lácteo como única vía para rachar coa actual folla de prezos

    IsabelVilalba_Lugo 29 de Outubro do 2021 · 

    Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.

  11. 28 Out:Convocamos ao sector leiteiro galego fronte á discriminación da PAC2023

    Lugo28-out 25 de Outubro do 2021 · 

    Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.

  12. Lidl, Alcampo, Eroski, Gadis e Froiz vulneran o acordo lácteo ante a permisividade da Xunta de Galicia

    Leite_270821 27 de Agosto do 2021 · 

    Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.

     


  13. O SLG recebe con cautela que a 'Conta Láctea' vaia ser unha ferramenta efectiva para negociar coa industria

    contalactea_screenshot 5 de Agosto do 2021 · 

    Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.

  14. O SLG demanda novas medidas de apoio ao sector de vacún de carne diante da crise da Covid-19

    concentra_carne_lalin 30 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.

  15. Sindicato Labrego denuncia impagos da Tegestacín SL e esixe medidas por parte da Consellaría

    concentra_tegestacin 29 de Xullo do 2021 · 

    A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.

  16. SLG chama as granxas a demandar da industria unha actualización de prezos acorde cos custos de produción

    frisona leite 22 de Xullo do 2021 · 

    A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.

  17. O SLG pide a retirada da campaña #MenosCarneMásVida do Ministerio de Consumo por enganosa e falaz

    Rubia Galega 9 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.

  18. As granxas de leite galegas perden 10 millóns de euros cada ano por non cubrir os custes de produción

    Becerro frisón 5 de Xullo do 2021 · 

    O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.

  19. Un gandeiro de Forcarei e unha gandeira de Chantada, novas responsábeis do Sector Lácteo do Sindicato Labrego

    Congreso do Leite do SLG 11 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

  1. Pepe de Cimadevila

    O SLG lamenta o pasamento de Pepe de Cimadevila, gandeiro do SLG e presidente de Vianega e Boaga

    3 de Maio do 2021 · 

    No Sindicato Labrego Galego vimos de recibir con gran pesar e consternación a nova do falecemento do noso compañeiro e amigo Xosé Blanco, Pepe de Cimadevila, gandeiro de Montederramo e gran defensor das razas autóctonas de vacún. Esa aposta polo gando do país fixo que, ademais de formar parte da grande familia que somos o Sindicato Labrego Galego, tamén fose presidente da Asociación de Criadores de Raza Bovina Vianesa (Vianega) e da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). No SLG gardaremos sempre o recordo do seu grande dinamismo, do seu trato franco e amábel e, sobre todo, o seu exemplo de amor á terra e á profesión gandeira. Descansa en paz, amigo.

  2. Congreso da Carne do SLG 2021

    O SLG inicia no Día das Loitas Labregas o camiño cara ao seu X Congreso co sectorial de vacún de carne

    17 de Abril do 2021 · 

    Coincidindo co 17 de abril, Día Internacional das Loitas Labregas, o SLG iniciou o proceso que o levará ao seu décimo Congreso neste 2021 celebrando, en Maceda, o sectorial correspondente a vacún de carne. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Bóveda (Vilar de Barrio, Ourense), Samuel Formoso Salgado, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel, Mari Carme Varela, de Vilameá (Guntín, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección da Carne cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección da Carne xurdida do anterior congreso, elixida o 11 de febreiro de 2017, con Lois Varela e Inés Casabella como responsábel e vicerresponsábel.

  3. Lactalis

    O SLG denuncia baixadas de prezo nos novos contratos lácteos na Galiza de industrias como Lactalis ou Reny Picot

    27 de Febreiro do 2021 · 

    Industrias leiteiras como Lactalis ou Reny Picot están obrigando a asinar os novos contratos para a seguinte campaña á baixa, segundo tivemos constancia no Sindicato Labrego Galego. No caso da multinacional gala, resulta un agravio comparativo insultante, xa que mentres en Francia Lactalis pactou subas de prezo coas granxas que lle fornecen, pagando un valor medio en 2020 de 36,9 céntimos; na Galiza segue forzando contratos á baixa, contribuíndo a termos o peor prezo medio do Estado e un dos máis cativos da Unión Europea, que non chega aos 33 céntimos. De feito, temos granxas que están a denunciar unha baixada dun céntimo no prezo do leite para os novos contratos que está a ofrecer Lactalis.

  4. Feijóo e González

    Feijóo anuncia o seu enésimo plan para o sector lácteo tras pechar a metade das granxas galegas dende 2009

    19 de Novembro do 2020 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 18 de novembro, na presentación da nova Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo 2020-2025 da Xunta oficiada polo conselleiro de Medio Rural, José González, e o presidente, Alberto Núñez Feijóo. Vilalba expresou o seu sentimento de perplexidade diante do triunfalismo inxustificado do Goberno da Xunta, que se esforzou en bosquexar unha imaxe idílica do sector lácteo galego que pouco ou nada ten que ver coa realidade.

  5. Vacún de carne

    As axudas de Medio Rural ao vacún de carne pola Covid exclúen 10.000 granxas, a metade do sector

    21 de Outubro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego é unha das organizacións que participou, o 20 de outubro, na xuntanza telemática do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural PDR 2014-2020, representado pola técnica Ana Rodríguez. O tema central desta xuntanza foi a proposta de crear axudas para paliar o impacto da Covid-19 nos sectores do vacún de carne e de flor e planta. A pesares de que o SLG presentou unha batería de alegacións contra a proposta da Xunta, por ser manifestamente insuficiente, a Consellaría publicou, ao remate do comité, un comunicado no que fixaba a súa posición coma un feito consumado. Podes descargar as nosas alegacións premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  6. Becerros

    Un cebadeiro de xatos en Narón leva seis meses inmobilizado arbitrariamente por Medio Rural

    8 de Outubro do 2020 · 

    María Jesús Otero é titular de dúas explotacións de vacún de carne en Narón xa que, para desenvolver o seu traballo, ten unha granxa de reprodutoras, na parroquia de San Xiao, na que cría as vacas nutrices; e un cebadeiro para os xatos na parroquia de Castro. A causa dun positivo por tuberculose bovina na granxa de reprodutoras en marzo, a Consellaría de Medio Rural acabou ordenando o baleirado sanitario desta, co sacrificio total de cinco vacas, e a súa inmobilización xunto coa do cebadeiro. Ambas instalacións seguen hoxe en día inmobilizadas e María Jesús leva medio ano sen poder exercer a súa profesión como gandeira, co gravísimo prexuízo económico que isto lle está a causar.

  7. Concentración vacún de carne

    Concentración do SLG en Compostela para demandar axudas ao sector da carne de vacún pola crise da Covid-19

    25 de Septembro do 2020 · 

    Un grupo de gandeiros e gandeiras pertencentes á Dirección da Carne do Sindicato Labrego Galego, respectando os protocolos de seguridade pola Covid-19, concentráronse hoxe, 25 de setembro, diante da sede da Consellaría de Medio Rural, en Santiago de Compostela, para denunciar a inexistencia de medidas de apoio ao sector de vacún de carne na Galiza diante da crise de prezos que padece dende que, en marzo, se decretara o estado de alarma.

  8. Vítor Fernández

    Unha granxa de Chantada volve denunciar as ameazas e ataques dunha manda de cans instigada por un veciño

    18 de Septembro do 2020 · 

    Vítor Fernández é un gandeiro mozo que apostou por darlle relevo á granxa familiar, cunha gandería ecolóxica de vacas para leite -Casa do Neiro- que pacen nas terras que a súa familia ten xunto ao río que fai de fronteira entre os concellos de Chantada e Carballedo. Apostou por un modelo de pastoreo e soña con poder crear, no futuro, unha iogurtería. As súas máximas preocupacións deberían apuntar cara á baixada nos prezos do leite que está a experimentar o sector, ou como conseguir o capital suficiente para financiar os proxectos cos que soña, pero non é así. Agora mesmo, Vítor vive atemorizado polo acoso que está a sufrir por parte dun veciño de Villaguillulfe que ten unha manda de cans de gran tamaño e probada agresividade e que está obsesionado con facerlle a vida imposible ceibándoos para que ataquen as súas vacas.

  9. Contrato atraco

    As industrias lácteas aumentan a presión sobre as granxas instándoas por burofax a asinar cláusulas de custes falsas

    9 de Septembro do 2020 · 

    Cando arrincaba o inicio da campaña 2020-2021 no sector lácteo, en primavera, o Sindicato Labrego Galego xa alertou de que as industrias estaban a usar de novo as súas prácticas de extorsión para obrigar a asinar ás granxas contratos con prezos a baixa (ver anterior comunicado). A grande novidade é que, desta vez, as recentes reformas na Lei da Cadea Alimentaria obrigaban a incluír nos contratos unha cláusula facendo referencia a que o prezo acordado por ambas partes cubría os custes de produción. Nese momento, dende o SLG denunciamos que as industrias estaban obrigando ás granxas a falsear esa cláusula para avalar prezos artificialmente baixos, sempre por baixo dos custes de produción.

  10. Carniceiro Covid

    O SLG insta a Medio Rural a convocar axudas por granxa na Galiza para ovino, caprino e vacún de carne

    28 de Agosto do 2020 · 

    Esta semana rematou o exiguo prazo de dez días para solicitar as axudas para compensar as perdas provocadas polo confinamento da Covid-19 nos sectores de ovino e caprino. Unha vez máis, tal e como aconteceu co viño, a imposición duns requisitos pensados para outras comunidades autónomas, pero non para Galiza, fixo que o 95% das granxas que podían optar á axuda quedasen fóra.

Arquivo