A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Esiximos ao Ministerio e á Consellaría medidas que rematen ca venda a perdas no leite

Esiximos ao Ministerio e á Consellaría medidas que rematen ca venda a perdas no leite

18 de Febreiro do 2022

leitexuntanza

A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.

A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas á que o sector leiteiro vén facendo fronte dende fai meses, situación que está comprometendo gravemente a supervivencia das granxas familiares galegas.

Hoxe o conselleiro trasladounos que durante o ano pasado os custos de produción foron de máis de 36cts, e neste ano prevese un aumento de catro céntimos máis, confirmándonos que actualmente as empresas están a pagar o leite por embaixo de custos de produción, incumplindo polo tanto a Lei da Cadea Alimentaria.

Dende o SLG seguimos demandando, e así llo trasladamos ao conselleiro, a necesidade de que estes índices sexas públicos e oficiais, cunha solvencia técnica demostrada e que manteñan a periodicidade no tempo; así como a convocatoria dunha Mesa do Leite ou mesa de traballo onde estean representadas todas as partes para facer valer a aplicación destes índices. De feito, reiteramos que é a Consellaría a que ten a responsabilidade de elaborar e facer públicos estes indicadores.

Por outra banda, se ben en aras da unidade de acción, hoxe subscribimos canda as outras organizacións un documento que será enviado ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para trasladar algunhas das medidas de necesaria urxente activación, queremos remarcar que o desmantelamento dun sector produtivo esencial para o noso país como é o do leite non pode ser resolto dende Madrid nin dende Bruxelas se na propia Galiza non temos un compromiso forte cas gandeiras e gandeiros.

 

 

 

Imaxe: Noticias Vigo