A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Gandería: 2015

  1. A CMR e a Subdireción Xeral de Gandaría seguen sen atender as consecuencias do baleirado sanitario nas granxas galegas

    ConcentraciónXuntaOurense 26 de Marzo do 2024 · 

    Esta mañá arredor de 150 de gandeiras/os do SLG-CCLL concentráronse na delegación da Xunta de Galicia en Ourense. O Subdirector Xeral de Gandaría e o Conselleiro de Medio Rural seguen desaparecidos. Solicitamos xuntanza en Compostela

  2. Concentración de protesta fronte ao sacrificio obrigatorio de centos de animais sans e as indemnizacións de miseria

    m26 22 de Marzo do 2024 · 

    O MARTES 26 DE MARZO, ás 11.30h., diante da Delegación da Xunta de Galicia en OURENSE. Esiximos unha reunión urxente ca Consellaría do Medio Rural para abordar o criterio de prevalencia 0 e medidas asociadas

  3. Denunciamos a absoluta indefensión da granxa de Manzaneda á que se lle obrigará a sacrificar 40 vacas sas

    marcaxe 19 de Marzo do 2024 · 

    A marcaxe das vacas para sacrificio paralizada a semana pasada co apoio de máis de 200 persoas tivo lugar na mañá de hoxe. O Conselleiro sigue desaparecido. Instamos a unha revisión urxente da catalogación da prevalencia 0 de tuberculose na Galiza

  4. Centos de gandeiros/as e veciñanza impiden a marcaxe de 40 animais sans para sacrificio nunha granxa de Manzaneda

    BaleiradoSanitario2 15 de Marzo do 2024 · 

    Acordan solicitar á CMR accións inmediatas en materia de saneamento, criterio de prevalencia e indemnizacións. Entre as demandas: xuntanza urxente ca CMR para abordar o baleirado sanitario. A marcaxe foi adiada para o vindeiro martes

  5. Demandamos medidas de apoio para as granxas que teñen que facer fronte a un baleirado sanitario

    vienesa 11 de Marzo do 2024 · 

    Dende o SLG-CCLL seguimos de preto o caso dunha granxa de Manzaneda, que terá que asumir perdas superiores aos 32.000€. O baleirado sanitario non só implica un prexuízo económico para as persoas gandeiras, senón tamén un impacto emocional

  6. A Audiencia Nacional confirma as infraccións das industrias do Cártel do Leite, así como a maioría das sancións impostas

    Vacas de leite 23 de Febreiro do 2024 · 

    Confírmanse as denuncias de prácticas abusivas por parte das empresas lácteas realizada polo SLG e outras organizacións. As sentenzas constitúen un paso importante no camiño de reclamación das perdas provocadas pola presión das industrias

  7. Baleirado sanitario: un prexuízo económico e emocional para as explotacións gandeiras

    baleirado 12 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL demanda medidas de apoio para as persoas gandeiras que teñen que facer fronte a un baleirado sanitario. Facemos público o caso dunha granxa de Manzaneda (Ourense), que terá que asumir perdas superiores aos 32.000€

  8. Demandamos a intervención urxente da Consellaría do Medio Rural no proceso de renovación de contratos do leite

    PrezosLeite2 1 de Febreiro do 2024 · 

    Lactalis e Leite Río, dúas das principais empresas de recollida, están ofertando idénticos abaratamentos do leite á distribución. Pedimos á CMR que solicite unha investigación da CNMC sobre as prácticas abusivas que as industrias están a impor ás granxas

  9. Xornada sobre os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto

    XornadaAlimentaciónEnBaseAPasto 22 de Xaneiro do 2024 · 

    Centro Etnográfico de Teixeiro, xoves 25 de xaneiro, de 11 a 14h. Esta xornada informativa enmárcase na campaña de denuncia da industrialización da IXP Ternera Gallega/Vacún de Galicia

  10. O SLG-CCLL solicitará a execución da sentenza que subsana a discriminación de 10.000 granxas de carne realizada pola CMR no acceso á axuda convocada por mor da COVID-19

    Execución sentenza carne 8 de Xaneiro do 2024 · 

    A Consellaría non respostou á solicitude de xuntanza rexistrada en outubro do 2023 para concretar a aplicación desta sentenza. Se este venres 12 de xaneiro seguimos sen contestación por parte da CMR, solicitaremos ao Tribunal a execución da mesma

  11. Demandamos á CMR que a axuda de vacún para TG non exclúa ás granxas de Suprema que non marcan en matadoiro

    suprema matadoiros 2 de Xaneiro do 2024 · 

    Os criterios da Xunta discriminan ás granxas que realizan a venda de animais a través de circuítos de comercialización local. A Xunta pretende utilizar este incentivo económico para avanzar na industrialización da IXP TG, e en especial da TG Suprema

  12. A Consellaría do Medio Rural demora as axudas destinadas á EHE dende hai máis de 3 meses

    Primeiro plano dunha vaca 20 de Decembro do 2023 · 

    A Orde destinada ás axudas por Enfermidade Hemorráxica Epizoótica segue sen estar pública e as granxas sen poder solicitala nin cobrar por elas. É agora cando as gandeiras precisamos axuda económica para tentar compensar as perdas que estamos tendo nas granxas.

  13. O SLG non acepta as explicacións da IXP TG arredor dos cambios nos pregos de condicións

    Samuel Formoso 30 de Novembro do 2023 · 

    Cuestionamos a razón de exclusión da posibilidade de pastoreo dos xatos de máis de oito meses. Preocúpanos que a IXP non saiba dicir que número de granxas se verán afectadas nin a que número exacto de canais afecta

  14. Opoñémonos á obriga de acortellar a Ternera Gallega Suprema e finalizar a súa alimentación con penso

    IXP TG Suprema_acortellamento 20 de Novembro do 2023 · 

    Produtores e produtoras explicaron hoxe en rolda de prensa en Lugo os prexuízos da industrialización da IXP TG Suprema. O 0,1% de posíbeis casos de menor engraxamento non pode xustificar pechar os animais e alimentalos con concentrados

  15. A industrialización da IXP Ternera Gallega: novo golpe mortal ás granxas de vacún galegas

    vacachena 13 de Novembro do 2023 · 

    A industria, os cebadoiros, UU.AA e Gandeiros Galegos da Suprema asinan o fin da marca Ternera Gallega Suprema. Con esta modificación -que debe ser ratificada pola UE-, quedan excluídas da marca as granxas que fan acabado en base a pasto

  16. Leite Río segue reafirmándose nos seus ataques e desprezo polo sector produtor

    FaixaLeiteRío 10 de Novembro do 2023 · 

    Trasladamos dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas as nosas consideracións ao respecto da carta aberta feita pública onte pola Sra. Carmen Lence a través do seu perfil nun portal de emprego.

  17. Lembramos ao Ministerio que é imprescindíbel ter en conta os prezos do leite para calcular as marxes de beneficio

    datosministerioleitenov23 3 de Novembro do 2023 · 

    A enerxía e alimentación animal acomodáronse nos custos máis altos dos últimos anos, mentras o prezo do leite segue baixando. Cómpre vixiar que a visión triunfalista do Ministerio non sexa empregada polas industrias pra baixar máis o prezo do leite

  18. Aumentan as perdas por mor da EHE. Esiximos á CMR axudas que cubran a totalidade de custos derivados

    ehe2 30 de Outubro do 2023 · 

    Demandamos máis información ao sector, investigación pública, medidas preventivas e máis rapidez no servizo veterinario oficial. Iniciamos unha campaña de recollida de datos nas granxas ante a posibilidade de que a CMR estea a minimizar o impacto da EHE

  19. O SLG-CCLL pídelle á CMR medidas concretas contra as industrias que lideran a destrución da cadea de valor no leite

    GRanxaLeite 25 de Outubro do 2023 · 

    Precisamos un plan galego urxente para loitar contra a Enfermidade Hemorráxica Bovina (EHE)

  20. Actitude Río: Puro marketing

    puromarketing 20 de Outubro do 2023 · 

    A industria láctea galega con máis volume de recollida baixa prezos ás granxas utilizando o leite como produto reclamo. Leite Río utiliza ás gandeiras nas súas estratexias publicitarias ao tempo que é cómplice do acelerado peche de granxas na Galiza

  21. MANIFESTO DA CONCENTRACIÓN CONTRA A VESPA VELUTINA (LUGO)

    MANIFESTO DA CONCENTRACIÓN CONTRA A VESPA VELUTINA (LUGO) 11 de Outubro do 2023 · 

    Reproducimos o Manifesto lido esta mañá, por persoal do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, diante da Xunta de Galicia, en Lugo, solicitando con urxencia un plan de loita contra a Vespa Velutina.

  22. Máis dun cento de persoas esixen á Xunta de Galicia a activación dun Plan galego para o control da Velutina

    VelutinaLugo111023 11 de Outubro do 2023 · 

    Arredor de 150 persoas secundaron esta mañá en Lugo a concentración convocada polo SLG en demanda de medidas. Malia ao patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora

  23. Concentración en LUGO para reclamar un plan de choque contra a Velutina

    CartazVelutinaLugo 6 de Outubro do 2023 · 

    O SLG-CCLL convoca unha mobilización para o vindeiro mércores 11 en LUGO, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Malia o patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora

  24. A CMR ten as competencias para establecer medidas fronte a EHE, Conselleiro reacciona xa!

    mapa ehe 21 de Septembro do 2023 · 

    Preocupación nas granxas ante a posibilidade de que a ineficacia da CMR ca EHE acade o nivel de desleixo amosado ca lingua azul. Entre as medidas a activar, solicitamos que tanto a EHE como a lingua azul sexan incorporadas ao Agroseguro da ENESA

  25. Voltamos dirixirnos á CMR, e tamén ao Ministerio, ante a persistencia de problemas ca vacinación da Lingua Azul

    linguazaul2 21 de Agosto do 2023 · 

    Debido á mala planificación da campaña as granxas están tendo que financiar veterinarixs privadxs, incrementando os custos. Continúan as reaccións adversas á vacina na cabana gandeira, sen que se estea a realizar un seguimento rigoroso das mesmas

  26. A DN da Carne do SLG acorda defender na IXP Vacún de Galicia manter o tempo de lactancia e non permitir a conxelación

    DN CARNE_110813 11 de Agosto do 2023 · 

    O proceso de conxelación e desconxelación pode afectar á calidade, e distorsionar os prezos a produtoras e consumidoras. As normativas hixiénico-sanitarias dos cebadeiros distan da calidade e benestar animal das granxas de TG e TG Suprema

  27. O Sindicato Labrego Galego sinala que as industrias son as responsábeis da baixada do prezo do leite

    industrias 5 de Agosto do 2023 · 

    Iniciamos unha campaña de denuncia sinalando con faixas industrias lácteas que forzaron a última baixada de prezos. Escandalosa ausencia e desleixo da Consellaría, inactiva ante os flagrantes incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria

  28. A Consellería de Medio Rural abandona as gandarías ante os problemas que lles está a ocasionar a vacinacións fronte a Lingua Azul

    Linguazul 3 de Agosto do 2023 · 

    A descoordinación e falta de información da Consellaría do Medio Rural provoca preocupación e aumento de gastos nas granxas.  Sindicato Labrego Galego solicitou en varias ocasións unha xuntanza co Conselleiro José González, que sigue desaparecido

  29. Na Galiza hai máis de 120 concellos con máis vacas que persoas. Se o leite tivera un prezo xusto non terían pechado o 25,6% das granxas nos últimos 8 anos

    Cartaz prezos xustos leite 21 de Xullo do 2023 · 

    A Consellaría segue desaparecida ante a estratexia de baixada de prezo do leite ás granxas orquestrada polas industrias. Esiximos índices públicos de custos de produción e que se faga cumprir a Lei da Cadea ás industrias que non respectan prezos.

  30. O SLG reitera acordar unha xuntanza urxente coa CMR ante a problemática da lingua azul

    Lingua azul 20 de Xullo do 2023 · 

    O 11 de xullo dirixímonos á Consellería de Medio Rural solicitando unha xuntanza coa persoa responsábel da área de vacinación animal sen recibir resposta. O protocolo do que fala a CMR debera ser público e as persoas que se encargan da vacinación dos animais, deberan ter informado da súa existencia.

     
  31. Solicitamos xuntanza ca CMR para concretar as incidencias derivadas da vacina da lingua azul e abordar solucións

    vacinalinguaazulDIARIOSUR 11 de Xullo do 2023 · 

    Ao igual que nas campañas precedentes, persisten as reaccións adversas na cabana gandeira vacinada da lingua azul. O SLG-CCLL pide á Xunta de Galicia aclarar o número de animais afectados e traballar na procura de solucións a esta problemática

  32. Entrevista cxs voceirxs da área de medio rural do BNG, Carme Aira e Xosé Luís Rivas, para denunciar os abusos das industrias

    bng-leite 10 de Xullo do 2023 · 

    Alarma entre as granxas de leite pola inacción da Consellaría do Medio Rural fronte á baixada orquestrada polas industrias lácteas. Pedimos aos grupos parlamentarios garantir o cumprimento da Lei da Cadea e prezos que cubran custos e remuneren o traballo

  33. O SLG entrevístase co voceiro da área de medio rural do PSOE, Martín Seco, para activar solucións no sector leiteiro

    PSOE 6 de Xullo do 2023 · 

    A xuntanza tivo lugar no marco da campaña de denuncia da estratexia de baixada de prezos imposta polas industrias lácteas. Observatorio do Leite Galego, índices de referencia, seguimento da entrada de leite de fóra; algunhas das principais demandas

  34. O SLG di NON á baixada de prezos no leite

    PrezosLeite 4 de Xullo do 2023 · 

    A DN do Leite do SLG valorará accións informativas e de denuncia dirixidas contra as empresas que abandeiran baixadas. Esta semana manteremos xuntanzas cos grupos parlamentares a fin de trasladar polo miúdo as prácticas abusivas das industrias

  35. Ameazas de baixada, incumprimento da Lei da Cadea e a Consellaría do Medio Rural desaparecida

    baixadaprezoleitexunho23 28 de Xuño do 2023 · 

    Baixada orquestrada polas industrias lácteas mentras a Xunta négase a dar datos oficiais de custos de produción na Galiza. Iniciamos reunións para lanzar unha campaña de mobilizacións para denunciar os abusos ás granxas e ás persoas consumidoras

  36. Alertamos da elevada presenza de Vespa velutina e propoñemos unha batería de medidas á Xunta de Galicia

    TrampasVelutina 16 de Xuño do 2023 · 

    Foron detectadas velutinas durante o trampeo primaveral, e este mes en colmeas e apiarios, presaxiando un ano complicado. Dirixímonos a Medio Rural e Medio Ambiente para que asuman as súas responsabilidades no control de especies invasoras

  37. Solicitamos a corrección do RD4/2023 eliminando o límite mínimo de colmeas e a condición de trashumante

    Apicultura 2 de Xuño do 2023 · 

    O Ministerio de Agricultura ignora a realidade apícola galega establecendo criterios que deixan fóra á maioría de produtoras. Reiteramos a urxencia en que a CMR active unha Mesa da Seca galega e adopte medidas específicas para os nosos apiarios

  38. O que compromete o futuro do sector lácteo son as prácticas abusivas das industrias toleradas polas institucións

    fenil 8 de Maio do 2023 · 

    Se as industrias lácteas queren futuro para o sector, que paguen prezos que cubran custos de produción e remuneren o traballo. O incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou a ausencia de índices oficiais de custos aceleran o peche das granxas galegas

  39. O sector lácteo valora iniciar accións de denuncia fronte á imposición dunha baixada masiva de prezos

    leitedenunciacontratos 1 de Abril do 2023 · 

    Como xa advertimos no mes de febreiro, as industrias lácteas forzaron unha baixada o prezo do leite malia á suba de custos. Xunta e Ministerio non actuaron fronte á imposición de contratos á baixa e presentados fóra dos dous meses previos establecidos

  40. Esiximos ao Director Xeral de Gandaría solucións inmediatas para as eivas da campaña de sanemento animal

    Saneamento 8 de Marzo do 2023 · 

    O SLG acompañou a gandarías afectadas na Terra Chá a unha xuntanza co Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias. Dende outubro granxas afectadas veén denunciando numerosas problemáticas vinculadas ás deficiencias do saneamento animal

  41. Esiximos a intervención da Administración fronte as presións das industrias lácteas para baixar prezos

    Vacas de leite 27 de Febreiro do 2023 · 

    A Lei da Cadea permite que Xunta e MAPA interveñan directamente para que o prezo non sexa menor que os custos. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos ás granxas a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos

  42. O sector apícola traslada ás súas reivindicacións ás Consellarías e Ministerio a través do SLG

    api 10 de Febreiro do 2023 · 

    Demandamos apoio á produción, racionalización da burocracia, transparencia na comercialización, PAC e loita contra a velutina. O SLG activará unha campaña multisectorial para reivindicar á Xunta unha estratexia real de loita contra contra a vespa velutina

  43. Na defensa das pequenas e medianas granxas: VOTA SLG-CCLL nos Consellos Reguladores das DO e IXP´s

    MESASTG23 2 de Febreiro do 2023 · 

    O domingo 19 de febreiro terán lugar as eleccións para renovar 15 Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe e IXPs. Propoñemos unha batería de medidas para que a IXP Vacún de Galicia estea realmente ao servizo das persoas produtoras

  44. Esiximos que as axudas complementarias para o sector cárnico cheguen a todas as granxas admitidas

    AxudasVacúnCarne 16 de Xaneiro do 2023 · 

    A Xunta de Galicia debe incrementar o orzamento en 1.259.640€ para cubrir a listaxe completa de beneficiarias do Ministerio. O establecemento de tramos para calcular a axuda é inxusto e xera dúbidas ao respecto da devolución dos adiantos bancarios

  45. Segunda xuntanza en Abadín de granxas afectadas polas eivas da campaña de saneamento

    abadinsaneamento2 3 de Novembro do 2022 · 

    As/os gandeiras/os están recabando apoios para presentar un escrito á CMR denunciando a situación e propoñendo medidas. Solicitan que se concrete á maior brevidade posíbel unha xuntanza co conselleiro do medio rural, José González Vázquez

  46. O Tribunal Supremo rexeita o recurso de casación da CMR en contra da sentenza do TSXG que confirma a discriminación da maioría das granxas de carne nas axudas COVID-19

    TS Vacún de carne 31 de Outubro do 2022 · 

    No mes de abril o TSXG ditaminou eliminar o inciso que excluíu destas axudas á meirande parte das granxas de vacún de carne. As negativa da CMR a acatar a sentenza evidencia o seu interese en destruír o modelo galego de medianas e pequenas granxas

  47. GRANXAS DE ABADÍN AFECTADAS POLO MAL FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA DE SANEAMENTO ORGANÍZANSE PARA DEMANDAR MEDIDAS URXENTES Á CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL

    saneamento 29 de Outubro do 2022 · 

    Realizarán unha segunda xuntanza o vindeiro 2 de novembro para articularse e demandar medidas para paliar os prexuízos. Chaman a atención sobre o feito de que algunhas parroquias pasaron súbitamente dun 0% de positividade a un 80%

  48. A campaña na defensa do futuro do vacún de carne do Sindicato Labrego prosigue en Betanzos

    Membros do SLG na concentración en Betanzos 20 de Septembro do 2022 · 

    Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos. A campaña continuará a desenvolverse nas comarcas galegas.

  49. O SLG continúa en Vilalba a campaña na defensa do futuro do vacún de carne

    Concentración en Vilalba 15 de Septembro do 2022 · 

    O vindeiro martes 20 de setembro está convocada unha nova concentración do SLG no Rexistro Civil de Betanzos ás 12:30h. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos.

  50. Polo FUTURO do VACÚN DE CARNE. Polo FUTURO da NOSA COMARCA Inicio de campaña en Xinzo de Limia

    xinzo310822-- 31 de Agosto do 2022 · 

    O SLG-CCLL arranca campaña para demandar solucións institucionais ás problemáticas que afrontan as granxas de carne. Reivindicamos prezos xustos, diferenciación do produto, mesa sectorial, matadoiros comarcais, SAU e apoios económicos

  51. Campaña de alegacións ao Ministerio para incorporar as granxas familiares inxustamente excluídas do RD428/2022

    RD428_2022 9 de Agosto do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta do SLG-CCLL e OVICA para denunciar erros e discrimacións do vacún, ovino e caprún no RD428/2022. A meirande parte das granxas afectadas son pequenas e medianas, excluílas é un xeito de empeorar o abandono do medio rural

  52. O SLG pide que a CMR esclareza os prazos das axudas do sector vacún de carne

    Imaxe do DOG 220722 26 de Xullo do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) pedimos que o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, dea a cara ante o sector. Demandamos que se corrixa na propia orde publicada o pasado venres 22 de xullo no DOG os prazos para achegar documentación e, en todo caso, que os 10 días comecen a contar dende a publicación do listado

  53. As granxas denuncian unha sensíbel merma na calidade dos crotais subministrados polas OAC da CMR

    crotais6b 12 de Xullo do 2022 · 

    A perda dun ou dos dous crotais dun animal implican tempo, gastos, penalizacións na PAC e outras medidas administrativas. O SLG-CCLL solcitará reunirse coa Consellaría do Medio Rural para que recupere a calidade destes identificadores animais.

  54. A Consellaría do Medio Rural continúa a ser cómprice do incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria

    vienesasrois 27 de Xuño do 2022 · 

    Matadoiros e operadores están obrigando a asinar contratos con prezos por embaixo de custos incluíndo textos que din o contrario. Os abusos increméntanse por mor da deixadez da CMR para activar mecanismos de control e sancións para garantir os prezos

  55. O SLG demanda que a CMR garanta prezos por riba dos 6,20€/kg de custos de produción que ela mesma calcula

    vienesas 2 de Xuño do 2022 · 

    A CMR confirma que as granxas seguen vendendo a perdas: 6,20€/kg custos de produción fronte aos 5,20€/Kg prezo de venda. O SLG desenvolve campaña de asembleas para informar dos termos do Protocolo, do seu incumprimento e valorar accións.

  56. As granxas denuncian que Leite CELTA bloquea a posibilidade de concretar subas no prezo do leite ecolóxico

    leiteco 20 de Maio do 2022 · 

    A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución

  57. Sen índices oficiais de custos e prezos, o RD 374/2022 non servirá para impedir a venda a perdas no sector lácteo

    frisonas 18 de Maio do 2022 · 

    O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo

  58. O TSXG confirma a discriminación da maioría de granxas de carne nas axudas COVID-19 da Xunta de Galicia

    NdPSEntenzaNutrices 28 de Abril do 2022 · 

    A CMR excluíu a máis da metade das granxas de vacún de carne galegas. A maioría delas teñen como titular a unha muller. A Xunta derivou fondos públicos cara grandes explotacións tachando o modelo maioritario tradicional na Galiza de “inviable”.

  59. O leite en ecolóxico reivindica revalorización do produto, prezos xustos e implicación institucional

    Teixeiro_leiteEco 22 de Abril do 2022 · 

    Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.

  60. Alegamos ao Decreto do Observatorio do Sector Lácteo presentado pola Consellaría do Medio Rural

    ObsSEctLact 12 de Abril do 2022 · 

    A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.

  61. Alegamos ao borrador do RD de Normas Básicas de Ordenación das Granxas Bovinas

    RDBOVINO 8 de Abril do 2022 · 

    Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.

  62. O Protocolo IXP TG: Outro documento sen medidas concretas que garantan resultados, e feito de costas ao sector

    Rolda de Prensa 30 de Marzo do 2022 · 

    O SLG-CCLL debullou hoxe en rolda de prensa a falta dun compromiso real que se desprende do Protocolo presentado. "O que precisamos son números, non letras”, resumiu a gandeira do SLG-CCLL Mari Carme López Varel.

  63. O SLG NON asina o protocolo IXP TG da CMR e denuncia que é unha posta en escena para desmobilizar ao sector

    vacas 28 de Marzo do 2022 · 

    É intolerable que o texto non aborde ningunha das cuestións clave: nin prezo, nin custos, nin compromisos da Industia. Denunciamos a posta en escena protagonizada pola CMR e UUAA para simular un peche en falso que desmobilice ao sector.

  64. Demandamos convocatoria urxente de Gabinete de Crise da Xunta co sector primario e o sector do transporte

    GabineteDeCrise 21 de Marzo do 2022 · 

    A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.

  65. Lactalis volta secuestrar as granxas galegas e utilízaas como escudo para deixar o leite sen recoller

    lactalis secuestro granxas 17 de Marzo do 2022 · 

    Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller

  66. Esiximos ás industrias suba, cobertura de custos e claridade na configuración do prezo do leite nos contratos

    Contratos intelixibeis 4 de Marzo do 2022 · 

    Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector

  67. Unidade das organizacións agrarias para esixir que non se asinen contratos que non cubran custos de produción

    AnaRodríguez_Rolda030322 3 de Marzo do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.

  68. Esiximos ao Ministerio e á Consellaría medidas que rematen ca venda a perdas no leite

    leitexuntanza 18 de Febreiro do 2022 · 

    A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.

  69. A Consellaría das macrogranxas porfía en sepultar as explotacións familiares de vacún de carne

    AsambleaVacúnCarne20Dec21 1 de Febreiro do 2022 · 

    Denunciamos que logo de case dous meses, a Consellaría do Medio Rural sigue impedindo, ca súa deixadez e inoperatividade estratéxica, a adopción de medidas para afrontar a grave crise pola que pasan as produtoras e produtores de vacún de carne, na súa inmensa maioría granxas familiares.

  70. O SLG suma forzas na elaboración dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego

    slg_juana de vega 28 de Xaneiro do 2022 · 

    Participamos no proceso de elaboración da estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia, coordinada pola Fundación Juana de Vega, en colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

  71. O SLG presenta mocións en tódolos concellos do Deza-Tabeirós para solicitar a súa implicación no apoio ao sector leiteiro

    deza_moción_leite 21 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.

  72. Denunciamos o despropósito de lexislar sobre o gando do medio rural como se foran animais das cidades

    vaca_201221 20 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.

  73. O sector vacún de carne esixe á Xunta medidas concretas e inmediatas que freen o peche de granxas por mor do aumento de custos e os baixos prezos

    vacúncarne201221 20 de Decembro do 2021 · 

    Arredor dun cento de gandeiras e gandeiros do sector vacún de carne acudiron na mañá de hoxe a Lugo para participar na asemblea convocada polo Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas co obxectivo de analizar a situación do sector e tomar decisións para demandar un apoio real por parte da Consellaría do Medio Rural.

  74. O peche de Tegestacín: crónica dunha morte anunciada ante a inacción da Consellaría do Medio Rural

    tegestacín web 18 de Decembro do 2021 · 

    O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.

     


  75. Mobilizacións do sector vacún de carne. Asamblea sectorial e concentración diante da Xunta o luns 20 en LUGO

    LUGO20Db 17 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas convoca ao vacún de carne galego a unha asemblea sectorial o vindeiro luns 20 de decembro ás 11.30H no Salón de Actos do Edificio Sindical (LUGO) para analizar a situación do sector. Seguidamente terá lugar unha mobilización ás 13.30H diante do edificio da Xunta de Galicia (Lugo).

  76. As modificacións aprobadas na Lei da Cadea Alimentaria son insuficientes ao carecer de índices de custos de obrigatorio cumprimento

    PREZOSXUSTOSSLG 3 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.

  77. O SLG avanza en Chantada a campaña de solicitude de apoio aos concellos á moción de medidas urxentes para o sector leiteiro

    MocionchantadaLeite 1 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.

  78. O SLG inicia unha campaña de presentación de mocións para activar o apoio dos concellos ao sector leiteiro galego

    campaña mocións- 30 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.

  79. Esiximos ao Ministerio mecanismos oficiais para establecemento de custos e obrigatoriedade de prezos xustos

    LEITE_lUGO2 27 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.

  80. O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    IsabelVilalba_nov21 24 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.

  81. Alianza entre consumidoras e produtoras para salvar ao sector leiteiro: boicot ás empresas que desprezan o leite galego

    lactalis19nov21 19 de Novembro do 2021 · 

    Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.

  82. Chamamos ao boicot dos productos lácteos de LACTALIS-PULEVA

    non merques lactalis 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.

     


  83. O SLG desenvolve unha folla de ruta en defensa das granxas galegas, cunha aposta central pola unidade de acción

    tratorada_virtual 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.

  84. O Sindicato Labrego lanza a todo o sector lácteo unha proposta clara de unidade de acción arredor de seis puntos mínimos

    concentra_leite_lugo 5 de Novembro do 2021 · 

    O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.

  85. O SLG traballa pola unidade de acción do sector lácteo como única vía para rachar coa actual folla de prezos

    IsabelVilalba_Lugo 29 de Outubro do 2021 · 

    Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.

  86. 28 Out:Convocamos ao sector leiteiro galego fronte á discriminación da PAC2023

    Lugo28-out 25 de Outubro do 2021 · 

    Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.

  87. Lidl, Alcampo, Eroski, Gadis e Froiz vulneran o acordo lácteo ante a permisividade da Xunta de Galicia

    Leite_270821 27 de Agosto do 2021 · 

    Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.

     


  88. O SLG recebe con cautela que a 'Conta Láctea' vaia ser unha ferramenta efectiva para negociar coa industria

    contalactea_screenshot 5 de Agosto do 2021 · 

    Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.

  89. O SLG demanda novas medidas de apoio ao sector de vacún de carne diante da crise da Covid-19

    concentra_carne_lalin 30 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego concentrouse na mañá do 30 de xullo diante da Oficina da Xunta en Lalín, solicitando unha reunión coa Consellaría en que tratar as problemáticas do sector e explorar solucións. Asemade, esixen a activación dunha liña de axudas directas das que "ningunha familia gandeira afectada pola crise sexa marxinada", logo de que as últimas axudas convocadas deixasen fora máis da metade das granxas activas no país.

  90. Sindicato Labrego denuncia impagos da Tegestacín SL e esixe medidas por parte da Consellaría

    concentra_tegestacin 29 de Xullo do 2021 · 

    A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.

  91. SLG chama as granxas a demandar da industria unha actualización de prezos acorde cos custos de produción

    frisona leite 22 de Xullo do 2021 · 

    A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.

  92. O SLG pide a retirada da campaña #MenosCarneMásVida do Ministerio de Consumo por enganosa e falaz

    Rubia Galega 9 de Xullo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis absoluta indignación diante da campaña iniciada polo Ministerio de Consumo na que se criminaliza o consumo de carne a través de medias verdades que, de seguro, van crear unha grande confusión entre a cidadanía. Neste senso, o vídeo de 6 minutos no que o ministro de Consumo, Alberto Garzón, tenta convencernos do nocivo que é o consumo de carne para a nosa saúde e para o planeta é toda unha cadea de despropósitos que, como organización agraria, non podemos tolerar.

  93. As granxas de leite galegas perden 10 millóns de euros cada ano por non cubrir os custes de produción

    Becerro frisón 5 de Xullo do 2021 · 

    O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.

  94. Un gandeiro de Forcarei e unha gandeira de Chantada, novas responsábeis do Sector Lácteo do Sindicato Labrego

    Congreso do Leite do SLG 11 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

  1. Cotizacións leite Fonterra

    Nin os mercados, nin a falla de apoios da Consellería e do Ministerio, fan recuar as mobilizacións do sector lácteo

    23 de Decembro do 2015 · 

    Os gandeiros e gandeiras seguen na Galiza coa súa vaga de bloqueos nas grandes superficies comerciais coa intención de forzar unha suba no prezo do leite na que nin a Consellaría de Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura están dispostos a mediar nin apoiar. Mentres, a situación global do sector leiteiro, que nos toca de cheo por estarmos integrados na Unión Europea, segue a ser preocupante, con aumentos moi cativos das exportacións que non logran compensar a forte caída das vendas a China. Asemade, os prezos seguen coa súa volatilidade extrema, contrastando os 18 céntimos a que se paga o quilo de leite spot en Holanda cos 34,5 céntimos de Italia.

  2. Cendán e Vilalba

    O SLG oponse ao contrato para o sector lácteo do Ministerio porque deixa indefensas as granxas fronte ás industrias

    16 de Decembro do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendán, ofreceron unha rolda de prensa, o 16 de decembro, para transmitir a posición desta organización sindical respecto ao contrato homologado do leite que está a defender o Ministerio de Agricultura (pódese descargar na icona que hai no remate desta páxina) e desmentir un suposto consenso na última xuntanza da Interprofesional Láctea (INLAC).

  3. Tractores en Carrefour

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aumenta a presión ás distribuidoras con tractoradas indefinidas

    8 de Decembro do 2015 · 

    Este xoves, 10 de decembro, as mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo soben un chanzo máis coa saída de tractores á rúa. En concreto, ese día unha tractorada tomará de maneira indefinida o entorno do Carrefour da avenida Alfonso Molina, na Coruña.

  4. Isabel Vilalba Seivane

    Isabel Vilalba denuncia no centro comercial das Termas o peche de 400 explotacións lácteas na Galiza en 2015

    2 de Decembro do 2015 · 

    Gandeiros e gandeiras do sector lácteo concentráronse hoxe, 2 de decembro, no centro comercial das Termas (Lugo), onde hai un Eroski, para denunciar diante da cidadanía que a suba do prezo do leite que se está a experimentar nos supermercados non se trasladou ás granxas, que seguen a cobrar prezos miserables semellantes ao do pasado verán que, en setembro, acadaron unha media de 28 céntimos por litro, moi lonxe dos 34 céntimos en que o Ministerio de Agricultura cifra a cobertura dos custes de produción.

  5. Concentración nas Cancelas

    Volven as mobilizacións ao sector lácteo galego diante do fracaso estrepitoso dos acordos de Madrid

    30 de Novembro do 2015 · 

    Hoxe, 30 de novembro, comezaron as mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo que, desta vez queren chamar a atención sobre a posición de dominio e abuso das grandes distribuidoras na cadea de valor. Non en van, os cálculos realizados desvelan que os supermercados quedan con case a metade do que se paga por cada litro de leite (46%). Esta primeira acción tivo lugar no centro comercial das Cancelas, en Compostela, onde opera un hipermercado da cadea francesa Carrefour, e consistiu nunha concentración e no reparto de folletos informativos sobre esta problemática.

  6. Manifestación sector cunícola

    Produtores e produtoras de coello maniféstanse en Compostela para esixir solucións á crise de prezos

    24 de Novembro do 2015 · 

    Un cento de produtores e produtoras de carne de coello da Galiza manifestáronse en Compostela hoxe, 24 de novembro, para protestar contra os prezos de miseria que se lles leva pagando durante todo este 2015 e que están a arruinar as súas granxas. Estamos a falar dun valor medio, no presente ano, de 1'54 €/quilo, cando os custes de produción están entre 1'85 € e 1'95 €. Mesmo, no verán, os prezos chegaron a tocar fondo con valores de 80 céntimos por quilo.

  7. Novos tramites

    O Ministerio de Agricultura saca da manga un novo trámite burocrático para poder cobrar as axudas do sector lácteo

    19 de Novembro do 2015 · 

    O Ministerio de Agricultura vén de publicar un aviso mediante o cal insta a cumprir novos trámites ás persoas beneficiarias das axudas destinadas a compensar as dificultades económicas no sector lácteo, publicadas no real decreto 849/2015. En efecto, tras pasar todo o proceso burocrático necesario para obter esta axuda, agora o Ministerio anuncia que é necesario que as persoas beneficiarias realicen unha declaración responsable de non incorrido en ningunha das prohibicións previstas do artigo 13 da Lei 38/2003 da Lei Xeral de Subvencións.

  8. Prezos leite na UE

    Isabel Vilalba denuncia a política “suicida e contraditoria” para o sector lácteo da Comisión Europea

    16 de Novembro do 2015 · 

    Trala celebración do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, neste 16 de novembro, é bo sacar a colación a última xuntanza do Grupo de Diálogo Civil do Sector Lácteo (Civil Dialogue Group on Milk), celebrada o 10 de novembro en Bruxelas a instancias da Comisión Europea. Neste encontro participaron catro representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), entre quen se atopaba a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane; xunto a ela estiveron a cántabra Charo Arredondo, Nico Filippini (Italia) e Philippe Collin (Francia).

  9. Protestas en Bruselas

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina pide a regulación do mercado para atallar a crise no sector lácteo

    14 de Novembro do 2015 · 

    Con motivo da xuntanza do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, o 16 de novembro, as organizacións integrantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) -entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego- enviamos unha carta aos ministros e ministras solicitándolles a posta en marcha novas ferramentas públicas para regular o mercado leiteiro de cara a atallar a gravísima crise que vive o sector e para garantir unha remuneración digna polo leite que cubra os custes de produción nas granxas. De seguido, compartimos con vós a misiva:

  10. Valoración SLG acordo lácteo

    O SLG insta a reabrir as negociacións no sector lácteo diante da xeneralización de contratos lixo

    26 de Outubro do 2015 · 

    Diante do encontro que se celebrou o 26 de outubro, en Madrid, para ver como evoluciona o “Acordo para a sostenibilidade e estabilidade do sector lácteo”, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos que, tal e como era previsible, todo o pactado quedou en papel mollado. Así o afirmaron nunha rolda de prensa ese mesmo día, en Lugo, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos Sectores Gandeiros nesta organización agraria, Xabier Gómez Santiso.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. Seguinte