labrega

02/11/2009

Encontro de Mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina

En Betanzos, 3 e 4 de novembro. Durante dous días, labregas da Galiza analizarán canda labregas do resto de Europa a situación que atravesamos a nivel profesional, abordando  aspectos coma os últimos cambios da Política Agraria Común (PAC) ou o papel das mulleres labregas no desenvolvemento rural. Durante este encontro prestarase especial atención e esforzo en desenrolar unha campaña de implantación internacional para frear a violencia da que as mulleres somos vítimas en todo o mundo, independentemente da nosa orixe xeográfica  ou clase social.

Entre os días 3 e 4 de novembro terá lugar en Betanzos Encontro de Mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina (www.eurovia.org) organizado polo Sindicato Labrego Galego (www.sindicatolabrego.com).

O programa contará con dous eixos fundamentais a tratar. Por unha banda, abordaremos a situación da muller labrega, tanto a nivel político (lexislacións, estatuto da muller labrega), sindical (participación, representación) como social, contando coas experiencias de labregas de Austria, Noruega, Francia, Estado español, Portugal e Bélxica.

O segundo eixo versará en torno á violencia exercida contra as mulleres. Así, durante o primeiro día terá lugar a presentación da Campaña internacional contra a violencia sobre as mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina.

Asemade, a violencia de xénero e a eficiencia na difusión e resultados da Campaña internacional contra a violencia sobre as mulleres centrarán tamén o segundo día deste Encontro.

Canda o Sindicato Labrego Galego, participarán neste encontro mulleres de organizacións labregas integradas na Coordenadora Europea Vía Campesina coma a Österreichische Bergbauernvereinigung (ÖBV) [www.bergbauern.org.or] de Austria, Norsk Bonde - Og Smabrukarlag (NBS) [www.smabrukarlaget.no ] de Noruega, Confédération Paysanne (CP) [www.confederationpaysanne.fr] de Francia, Confederaçâo Nacional da Agricultura (CNA) [www.cna.pt] de Portugal e a Coordinadora de Agricultores y Ganaderos (COAG) [www.coag.org] do Estado español.

mulleres

Lídia Senra -Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de Sectore Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina- e Carme Freire -Secretaria Xeral do SLG- foron as anfitrionas deste encontro.

 

mulleres

Asistentes ao seminario

 

mulleres

Isabel Vilalba, responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG, canda a representante da organización agraria portuguesa CNA, observan unha proposta de tríptico en contra da violencia de xénero para levar a cabo unha campaña mundial dende a Vía Campesina.

 

mulleres

Jeanne Verlinden (Le Mouvement d’Action Paysanne) e  Marit Jordal (NBS),

 

mulleres

María Vogt (OBV), Lídia Senra (SLG) e Annelies Schorpion (ECVC)

 

mulleres

Grupo de traballo da comisión de mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina.

 

*Lugar de celebración: Fundación Caixa Galicia en Betanzos (Rúa Nova 30)

 

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=8887&corte=2009-11-05&hora=09:15:11&canle=tvg1

 

Ficheiro para descarregar: programa do encontro.

Encontro de Mulleres da Coordenadora Europea Vía Campesina