
05/07/2024
Obradoiro de prevención do maltrato físico e psicolóxico
O Sindicato Labrego Galego organiza un obradoiro de prevención do maltrato físico e psicolóxico, o vindeiro venres 12 de xullo, ás 11h, no Local do SLG de Lalín (rúa Monte Faro - 28 - Baixo).
A formación, impartida por Antía Pousa, de Xeracción S. Coop Galega, forma parte do programa Sementeira Feminista - Proxecto de sensibilización e prevención das violencias machistas e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.
Información e inscricións: 607 609 922