logo secretaría das mulleres do SLG

01/07/2009

Primeiro encontro da Secretaría das Mulleres do SLG coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta da Galiza

Isabel Vilalba (Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG e Secretaria de Servizos ao Rural e Soberanía Alimentar) e Ana Eiras, (coordenadora técnica da Secretaría das Mulleres do SLG) manterán mañá (xoves 2) un primeiro encontro con Marta González Vázquez, responsábel da Secretaría Xeral da Igualdade.

Neste encontro, que terá lugar nas dependencias da Xunta da Galiza en Santiago de Compostela ás 11:00hrs., prantexarémoslle a Marta González a necesidade de reforzar o traballo de mellora de recursos e servizos no rural.

 

 

 

Ademais de para a poboación que vive no rural en xeral, a carencia ou mala calidade dos servizos repercute inda máis negativamente, como é sabido por todas e todos, nas mulleres.

 

Hoxe en día, inda no camiño de acadar a igualdade no reparto de tarefas diarias nos núcleos familiares, ademais de ter que compaxinar o traballo profesional co familiar (ao igual que lles acontece ás mulleres urbanas), as mulleres rurais sofren unha escasez de transporte público, de centros de saúde, de institucións educativas, de oferta de lecer, etc. Emperorando significativamente a súa calidade de vida.

 

 

 

Este encontro será aproveitado tamén polo SLG para dar a coñecer á nova equipa da Secretaría Xeral de Igualdade, a pioneira laboura que a Secretaría das Mulleres do SLG vén facendo dende a súa creación no 1992, así como, sobor de todo, trasladarlles ás nosas propostas de actuación para con as mulleres que viven no rural da Galiza.