O noso proxecto sindical agrario

O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha hacia unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario. No IV Congreso do ano 1994, defínense os eixos básicos para conseguir este modelo agrario:

  1. Distribución solidária da produción e dos fondos públicos.
  2. Mantemento dos máximos postos de traballo na agricultura, poñendo freno ao actual proceso de desaparición da explotación agrária familiar.
  3. Remuneración do traballo de produción agrário. Remuneración que deberá vir directamente do prezo percibido polos productos e que deberán reflexar os costes económicos, ecolóxicos e sociais da produción. Os prezos garantirán rendas mínimas para vivir con dignidade do traballo de produción e estarán ligados a volumes de produción. A hora de valorar o traballo, teránse en conta as dificultades obxetivas das zonas desfavorecidas e de montaña. O exceso de produción terá o prezo que marque o mercado mundial e a maiores pagará unha taxa de resorpción.
  4. Dar prioridade á política de calidade. Para esto é preciso establecer medidas para limitar a produción industrializada e intensiva e desenvolver unha agricultura ligada á terra. Promover a diversidade territorial dos produtos reforzandoa con programas de identificación e etiquetaxe controlados.
  5. Proteción do medio natural na produción agrária. Para esto hai que establecer unha política agrária que:

    • deixe de primar o productivismo e que valore a conservación do medio como un coste obligado. Esta valoración debe incluirse na remuneración do produto.
    • Que manteña a diversidade xenética das especies animais e vexetais, para o cal é imprecindíbel poñer freno á política das agroindustrias no seu intento de patentar o uso das mesmas.
  6. Poboación agrária e vida rural. Para manter un medio rural vivo, é necesário potenciar, no marco dun desenvolvemento rural que teña como eixo fundamental a produción agro-gandeira, actividades socieconómicas diversas, a mellora das infraestructuras así como a dotación de máis servicios sociais.
  7. A descentralización do poder sobre a política agrária. Bruxelas e Madrid deben establecer unha PAC que sexa o suficientemente flexíbel para aceptar e potenciar a singularidade e diversidade da nosa agricultura.
  8. Estatuto do labrego e da labrega, que estableza os deberes e garanta dereitos xurídicos e sociais tales como:

    • Dereito a producir,
    • Dereito a vivir do noso traballo,
    • Dereito a un futuro garantido,
    • Equiparación dos dereitos sociais,
    • Deber de preservar o medio natural,
    • Dereito e deber de ocupar un espacio...

A nivel internacional o Sindicato Labrego Galego forma parte da Vía Campesina (Movemento a nivel mundial de labregos e labregas), da Coordinadora Europea - Vía Campesina (CE-VC) e da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).